Información
Agenda de Galicia

A Escudería Cuntis VT. e o Concello de Cuntis, presentaron hoxe en sociedade a terceira edición do RallyMix Cuntis Vila Termal.

Información
Localidades de Galicia 10 Marzo 2019 120 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
A este acto asistiron o presidente da Escudería, David Calvo. A vicepresidenta Mercedes Pazos. O piloto cuntiense J. Miguel Martínez "Bamarti" e o alcalde Manuel Campos. Así mesmo, tamén houbo presencia dos partidos que compoñen a corporación cuntiense.
 
Nesta presentación, explicáronse os detalles desta nova edición do RallyMix. Unha proba que consta dun único treito de 14.800 metros, composto por un 70% de terra e un 30% de asfalto. Por este treito, faranse 5 pasadas: tres na xornada do sábado 16 e 2 na do domingo 17.
 
Este ano, volveremos a contar coa presencia do piloto internacional Albert LLovera, que exercerá de Padriño da proba. Ademáis, nesta terceira edición, a copiloto de Pepe Mieres, será a actriz e presentadora da TVG Lucía Regueiro.

A seguridade é moi importante para a nosa escudería e para seguridade de Pilotos e Espectadores, teremos:

 
  • 2 ambulancias e 2 equipos médico/enfermeiro.

  • 2 vehículos de rescate.

  • 4 autobombas.

  • 4 vehículos de acción rápida e excarcelación. 5 todoterreos en treito para remolcar posibles vehículos averiados.

  • 28 kilómetros de cinta de seguridade.

  • 1.800 estacas para colocación de cinta.

  • 60 puntos de control.

  • 80 extintores repartidos polo tramo.

  • 80 efectivos de Protección Civil.

  • 180 sinais de curva.


Ademáis, durante a realización da proba, contaremos con Radio Estrada como emisora oficial do RallyMix, con retransmisións en directo durante os dous días.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

As entradas sairán á venda en próximas datas cun prezo que...

Celebrarase do 5 ao 29 de abril nos restaurantes, ao igual que...

Con previsión de vientos flojos a moderados que además se harán...

20.03.2019.- As bases que rexen o certame pódense consultar no...

lineaazul 1600