Información
Agenda de Galicia

"Xurés Walking Festival" da comarca da Baixa Limia

Información
Localidades de Galicia 06 Marzo 2019 201 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

  • A iniciativa, que terá lugar do 18 ao 21 de abril, terá ao sendeirismo como eixe central e sobre el xirarán outros elementos como a gastronomía, a historia, a cultura e o patrimonio.

Ourense, 6 de marzo de 2019.- A segunda edición do "Xurés Walking Festival" promocionará a riqueza turística da comarca da Baixa Limia cun completo abano de actividades que terán como eixe central ao sendeirismo e sobre el xirarán outros elementos como a gastronomía, a historia, a cultura e o patrimonio. A presentación desta iniciativa tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; as organizadoras da actividade, Marta Delgado e Ana Canal; e os alcaldes de Bande, Lobeira, Lobios e o concelleiro de cultura de Muíños, José Antonio Armada, Antonio Iglesias, María del Carmen Yáñez e Israel León, respectivamente.

 

O vicepresidente da Deputación de Ourense explicou que este proxecto de "promoción turística da Baixa Limia, mestura dun xeito especial a natureza e a historia para ofrecer unha gran alternativa de ocio". Así mesmo, Rosendo Fernández dixo que os visitantes que participen nesta actividade poderán afondar na historia e cultura desta zona, "camiñando pola vía romana, visitando a Igrexa visigótica do s.VII ou adentrarse na historia do megalitismo, dos castrexos ou das mouras da mitoloxía galega".

A segunda edición deste Festival celebrarase do 18 ao 21 de abril, ao longo dos días festivos da Semana Santa, cun completo programa de actividades de sendeirismo, ocio e gastronomía. "En total ofreceremos 13 rutas ao longo do festival, con rutas longas de máis de 15 quilómetros e curtas de ata 8 quilómetros. As familias disporán dun espazo infantil para que, mentres os pais fan a ruta, os rapaces poidan estar atendidos neste espazo con obradoiros e xogos", explicou Marta Delgado.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

As entradas sairán á venda en próximas datas cun prezo que...

Celebrarase do 5 ao 29 de abril nos restaurantes, ao igual que...

Con previsión de vientos flojos a moderados que además se harán...

20.03.2019.- As bases que rexen o certame pódense consultar no...

lineaazul 1600