Información
Agenda de Galicia

Paulo Carril, anucia que a central sindical non acurdirá á reunión convocada por o GOberno de Feijóo ao considerala “fraudulenta postura reivindicativa”

Información
Localidades de Galicia 17 Febrero 2019 155 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O secretario Xeral da CIG, Paulo Carril, compareceu esta mañá en rolda de prensa para anuciar que a central sindical non acurdirá á reunión convocada polo Goberno Galego para o vindeiro luns día 18 de febreiro, ás 17:30 horas. “Non se dan as condicións precisas”, asegurou, “como tampouco existen actuacións por parte deste Goberno que xeren un contexto de interlocución con credibilidade e confianza para afrontar a difícil situación que vivimos en Galiza”.

 

Carril aclarou que “non é certo” que se lle solicitase á CIG, con anterioridade a esta convocatoria, ningunha “ disposición a iniciar un novo diálogo”.  Ademáis, sinalou que “non sabemos cales son os asuntos que pretende abordar o Goberno Galego, através desta Consellaría, neste novo diálogo”, como tamén “descoñecemos se, con anterioridade,  o goberno do PP tivo vontade algunha de interlocución, cando menos coa nosa organización”.

O secretario xeral denunciou ademais que Galiza “está sumida nunha auténtica situación de emerxencia nacional e social como consecuencia da aplicación, con ocasión da última e prolongada crise económica, na que aínda estamos imersos, de duras políticas económicas, laborais e socias, aprobadas polos sucesivos Gobernos españois, fosen do PSOE ou do PP”.

Xunto a iso, acusou ao Goberno da Xunta de ter colaborado e participado en lavar adiante estas políticas, durante estes anos, “con entusiasmo e devoción” e mesmo de seren “avanzados” nas políticas de recortes.

“Fraudulentas posturas reivindicativas”

Carril cualificou de “fraudulenta” a posición reivindicativa na que agora se sitúa o Goberno da Xunta cara o Goberno de Madrid, considerando que non teñen “vontade real de faceren algunha mudanza real”.  Fronte a isto considerou que desde o goberno de Feijóo faise “máis ben o contrario, ausentanse de gobernar, de exercer as súas competencias, e permanecen pasivos, mentres as decisións de Madrid e Bruxelas impactan duramente no noso País”.

Dramática realidade

O secretario xeral da CIG lembrou que tomando calquera indicar público queda evidenciada a “dramática realidade do dano que están a provocar estas políticas neoliberais en Galiza: perda de emprego,  desmantelamento industrial,  lento pero contínuo peche de empresas,  emigración constante e aumento das desiguladades sociais”.

A isto engadiu o medre da desprotección social, como consecuencia da aprobación e aplicación de “duras políticas a favor do gran capital e dos fondos de inversión, que ven unha oportunidade de negocio coas privatizacións e recortes nos servizos públicos”.

Denunciou ademais as novas realidades no mundo do traballo que “están a fomentar o empobrecemento xeneralizado da clase traballadora” e a afondar na “perpetuación das desigualdades de xénero”. En concreto referiuse, entre outras, aos contratos por horas, por días ou, como máximo semanas; a utilización dos contratos a tempo parcial, das ETT,s, de falsos/as autónomos/as, das empresas multiservizos, dos centros especiais de emprego ou o intento da imposición de convenios colectivos estatais fronte aos provincias e de ámbito galego.

Orzamentos da Xunta

Para Carril, os Orzamentos da Xunta aprobados nestes últimos anos, evidencian tamén que este Goberno “non está por tomar iniciativas a favor do desenvolvimento económico e social, nin para garantir o dereito a poder vivir e traballar dignamente en Galiza”.

Nese sentido lembrou as diversas Iniciativas Lexislativas Populares promovidas pola CIG, como as das 100 Medidas para a creación de Emprego en Galiza, a da Tarifa Eléctrica Galega ou En defensa do Monte Galego, etc…); as moitas propostas presentadas en defensa da Industria Electrointensiva, dos diferentes sectores industriais,  na defensa dos servizos públicos, con ocasión de empresas en crise; as  Inciativas impulsadas para avanzar na construción dun Marco Galego de Relacións Laborais, Sociais e de Negociación Colectiva que “sempre toparon coa negativa, cando non co permanente desprezo e desconsideración de non ser escoitados polo Goberno”.

Diálogo social

Por iso o secretario xeral da CIG afirmou que “non acreditamos no chamado diálogo social como solución a esta situación” porque entende que “é unha expresión simplificada e anuladora das necesarias relacións institucionais”, que se utiliza de forma “perversa” coa intención de “transmitir ao conxunto da sociedade falsas expectativas de solución aos problemas que causan as nefastas políticas que este mesmo Goberno aproba”.

Ante isto asegurou que “non queremos lexitimar esta forma de Gobernar nin as políticas que dela deriven” aínda que reiterou que a CIG “seguirá apostando polo diálogo e os acordos,  pola existencia de relacións  entre as Organizacións Sindicais, Patronais e Gobernos (como representa o Consello Económico e Social, o Consello Galego de Relacións Laborais, etc.) e pola creación de marcos de interlocución co Goberno, “sempre e cando sexan respectuosos co que representamos, e teñamos  comprobado con feitos que teñen vontade real de cambiar as políticas para conseguir unha mellora real nas condicións de vida da clase traballadora galega”.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Preto de 20 colectivos galegos responderon ao chamado da...

"Ourense convértese nestes días na capital nacional das ciencias...

Na primeira xornada imos festexar o Día Internacional dda...

Os versos de Salvador García-Bodaño (Vigo, 1935) encherán este...

lineaazul 1600