Análise do Benestar e da Pobreza en Vigo:
Realidades e Necesidades
Mércores 6 de Febreiro, 19:00 horas
Auditorio da Sede da O.N.C.E. (Rúa Gran Vía 16)
Este próximo mércores, o Ateneo Atlántico quere invitar aos seus socios, aos medios de comunicación e a toda a cidadanía a debatir sobre o Estado do benestar e da probreza en Vigo. O debate terá lugar o próximo mércores 6 de Febreiro ás 19:00h no Salón de Actos da Sede da O.N.C.E. en Vigo, a quen lle agradecemos a cesión gratuita do espacio.
Nun momento en que se reciben noticias contradictorias entre algúns dos actores municipais neste eido, é importante darlle voz pública a aqueles que mellor coñecen o tema, e escoitar o seu análise da situación e as súas propostas. Para elo o Ateneo Atlántico organiza este https://ateneoatlantico.blogspot.com/search/label/Estado%20da%20cuesti%C3%B3n" Estado da Cuestión, co formato habitual: deixarlle un tempo medido aos invitados para que libremente expresen ás súas inquedanzas e logo abir o debate ao público.
Falarán nun primeiro turno:
- Marta Iglesias Bueno, Xefa Territorial da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia
- Antón Bouzas Álvarez, terapeuta e portavoz do Foro Socioeducativo https://www.facebook.com/osninguensvigo/" Os Ninguéns"
- Xosé Cuns Traba, en representación da http://eapn-galicia.com/es/" Rede Galega contra a Probreza
Están invitados a intervir nun segundo turno:
- Angel Holguera Dominguez, presidente de http://www.cogami.gal/" COGAMI Pontevedra
- Silvia Pérez Freire, socióloga e especialista en violencia de xénero
- Ana Pardo Álvarez, da asociaciónhttps://www.provivienda.org/" PROVIVENDA
- Rosa Alonso Míguez, traballadora social
- Colectivo Vigo +Social
- Colectivo Migrantes
O público asistente está convidado a debater en posteriores turnos ata o fin da hora convenida, dentro duns límite de tempo e de pertinencia respecto ao tema do debate.
A entrada será libre ata completar aforo.