Información
Agenda de Galicia

Os Benxamíns e Alevíns do Fogar nadan en Carballo e Pontevedra

Información
Localidades de Galicia 31 Enero 2019 180 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A AD.Fogar de Carballo e Oleiros poñerá en liza esta fin de semán a 34 dos seus nadadores e nadadoras das categorías benxamín e alevín. Os alevíns do Fogar tomarán parte no Campionato Galego de Inverno (https://www.fegan.org/mp/default/post/2047) que se celebra en Pontevedra os días 2 e 3 de febreiro no Complexo Deportivo Rías Do Sur, e o farán cun equipo formado por 4 nadadoras e 4 nadadores que disputarán 15 probas individuais e 5 de remudas por equipos.

Pola súa banda os benxamíns nadarán o sábado á tarde a terceira xornada da Liga Galega na Municipal Carballo Calero da nosa localidade con 11 mozas e 15 mozos que están a ocupar a 13ª praza da clasificación conxunta dos 30 clubs que veñen participando. Na documentación adxunta a esta mesma noticia poden consultarse tanto as convocatorias como as listas de saídas de ambas categorías, a benxamín e a alevín.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Destacado Campionato de Galicia de lanzamentos longos Sub16/18/20...

El 22 de febrero, Lume de Biqueira, la banda de gaitas...

A Marinha realiza no próximo dia 19 de fevereiro, na Esquadrilha...

O secretario Xeral da CIG, Paulo Carril, compareceu esta mañá...