Información
Agenda de Galicia

Na noite do domingo ao luns producirase unha eclipse total de lúa

Información
Localidades de Galicia 19 Enero 2019 197 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto: OARMA-USC

Na noite do vindeiro domingo 20 ao luns 21, concretamente entre as 5.41 horas e as 6.43 horas, producirase unha eclipse total de lúa que será visible en boa parte de Europa (incluída a Península Ibérica), Africa occidental e América. Nas eclipses de Lúa, esta necesariamente ten que estar en fase chea.


A Terra, iluminada polo Sol, proxecta tras de si dous conos. Como explica o director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, José Ángel Docobo, o chamado cono de penumbra fórmase coas tanxentes interiores aos discos do Sol e da Terra (figura 1), en tanto que o cono de sombra se configura coas tanxentes exteriores aos mencionados discos. As eclipses de Lúa poden ser penumbrais, parciais e totais. Nas primeiras a Lúa só atravesa o cono de penumbra, nas segundas adéntrase unha parte dela no cono de sombra e nas totais chega a meterse completamente neste último cono. Docobo engade que unha eclipse total de Lúa comprende polo tanto tamén as fases penumbral e parcial. Neste senso “compre ter en conta que, as veces, a fase penumbral pasa desapercibida toda vez que a Lúa segue a verse enteira aínda que lle chega menos luz do Sol”.

A primeira fase nunha eclipse de Lúa é a penumbral, a cal se inicia cando o satélite natural comeza a introducirse no cono de penumbra. O director do Observatorio sinala este acontecemento para as 3.36 horas do luns. Ás 4.33 comezará a fase parcial e ás 5.41 xa estará a Lúa completamente dentro do cono de sombra, iniciándose a totalidade. O medio da eclipse está prevista para as 6.12. Aclara José Ángel Docobo que a partir deste momento irase producindo un proceso inverso ao anterior: remate da eclipse total (6.43), saída do cono de sombra (7.50) e finalización da eclipse coincidindo co fin da fase penumbral (8.40). Na figura 2 o profesor Docobo dá conta dunha sección dos dous conos e como vaise desprazar a Lúa por eles.

Mentres dura a eclipse total “teoricamente non debería verse a Lúa, pero  resulta que a nosa atmosfera desvía cara a ela os raios solares tanxentes á Terra e por iso pode verse de distintas tonalidades que, segundo os casos, oscilarán dende a cor laranxa ata a castaña ou a vermella, de aí o nome popular de Lúa de sangue”, explica José Ángel Docobo.

O mesmo astrónomo especifica que “casualmente esta eclipse case vai coincidir coa mínima distancia Terra-Lúa, o chamado paso polo perixeo”. Este terá lugar ás 21.00 horas do luns e “dado que a Lúa está en fase chea, terá lugar o que se denomina superlúa por que o noso satélite observarase un chisco maior que habitualmente”. Como aclara o director do Observatorio, “porén, non hai que confundir este pequeno aumento do tamaño aparente da Lúa co feito de vela máis grande cando está preto do horizonte xa que logo nesta última situación trátase dun simple efecto óptico”. Outra eclipse de Lúa, neste caso parcial, será visible tamén na Península o 16 de xullo deste ano.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

FranquiAtlántico, el Salón de franquicias de referencia en el...

- Trátase da 4ª edición desta carreira de aventuras por equipos...

A secretaría das Mulleres da CIG presentou esta mañá, en...

Destacado Campionato de Galicia de lanzamentos longos Sub16/18/20...