Información
Agenda de Galicia

Peche do cuarto de contención mecánica de tres camas da Unidade de Hospitalización Psiquiátrica do (CHUAC).

Información
Localidades de Galicia 18 Enero 2019 202 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco da Coruña fixéramos a primeira representación pública da
contención mecánica, acto que vimos repetindo tódolos sábados dende o 8 de decembro,
aínda estaban ingresadas simultaneamente no cuarto de contención de tres camas da
Unidade de Hospitalización Psiquiátrica do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña
(CHUAC) homes e mulleres.


Polo que fomos sabendo, cando saímos á rúa á Xerencia do CHUAC faltoulle tempo para
ordenar á xefatura do Servizo a retirada da terceira cama. Nas semanas seguintes foi definindo
a decisión á que estaba abocada: dotación de dous cuartos para ocupación individual, no
suposto de uso de contención mecánica, con previsión de instalación de cámaras para a
realización de "vixilancia intensiva".
Parece que os xestores do CHUAC entenderon algo, pero non todo. Han de saber cales son os
límites e o destino no que se move a contención mecánica (téñenos definidos, se os len, nas
orientacións do Consello de Europa e na obriga de cumprimento da Convención dos Dereitos
das Persoas con Discapacidade). En particular que as cámaras non substitúen ao
acompañamento; que deben crear un rexistro minucioso independente dese Servizo no que se
fagan constar os episodios de contención; que deben facer un plan para a redución desta
práctica e que hai que reformar e dotar material e profesionalmente dun xeito adecuado a esa
Unidade, xa que as súas condicións son evidentes facilitadoras de tratamentos irrespetuosos
coa igualdade de tódalas persoas atendidas no CHUAC e os dereitos humanos das persoas
ingresadas.
A chamada "vixilanca intensiva" só é neolinguaxe para referirse ao de sempre na Psiquiatría
(puro e duro control das persoas) se non é plantexada como intensificación do coidado, que só
comenza e é posible coa intensificación da protección dos dereitos das persoas necesitadas
dese coidado.
Que doado era pechar ese cuarto! Por que tardaron tanto? Por que non fixeron nada dende
que hai case tres anos comenzamos a denunciar esta situación, cando soubemos da morte
dunha persoa en contención nese lugar?.
A realidade da existencia dese cuarto era inaceptable dende o respecto obrigado á dignidade
humana, e máis aínda por funcionarios públicos. A mesma présa que se deron os xestores do
CHUAC para modificala dende que o problema se puxo na rúa co acto do Obelisco, e se
comenzou a difundir na sociedade, dinos ata que punto sabían que esto era intolerable. Pero
non facían nada.
Pode que co tempo intenten negar mesmo que isto pasou, pero quedan as probas, as
denuncias, as entrevistas en medios de comunicación nas que se chegou a defender a súa
existencia por quen tiña a primeira responsabilidade de impedir a mesma, as preguntas
parlamentarias, as respostas negadoras e evasivas dos gobernantes e do partido que o sostén
no Parlamento de Galicia. Queda a acción do Obelisco nas redes e na memoria de quen a
protagonizou.
Deixa tras de si tamén o beneficio de ter sacado á luz pública prácticas que ocorren nos nosos
hospitais trasladando así á sociedade algo que necesita saber para que poida dicir o que quere
que sexan as cousas da atención á súa saúde mental. Deixa tamén a presentación da iniciativa
2
parlamentaria para avanzar cara a superación desta práctica co cumprimento inmediato das
orientacións do Consello de Europa, a receptividade e previsión de acción do Defensor del
Pueblo e a apertura de dilixencias de investigación penal pola Fiscalía Provincial da Coruña.
E doutra vez ponse diante de nós o valor da mobilización, de sair á rúa, de informar á
sociedade, de non calar; e o efecto balsámico sobre persoas que sufriron esta práctica e que
sentiron que alguén lles recoñeceu que foran inxustamente tratadas.
Pero inquietantes cuestións se nos plantexaron e quedan sen responder. Sendo que ese cuarto
existía dende hai anos, ¿como pudo sosterse o silencio, convivindo coa súa realidade, por
facultativos, anteriores xefes de servizo e profesionais diversos desa Unidade?, ¿como durou
tanto o desleixo dos xestores do CHUAC , actuais e pasados?, ¿como foron tan pasivas as
asociacións profesionais e de familiares ante estes feitos?, ¿como é que a fiscalía non tiña
actuado para impedir a desprotección de persoas coa capacidade de autodefensa reducida?,
¿como a institución da Valedora nin considerou na súa actividade esta cuestión?.
Cremos que a pasividade e o silencio ante a vulneración dos dereitos das persoas é o que
permite que esta se siga a producir, manténdonos no atraso. Esa pasividade fai que pervivan
nas nosas institucións sanitarias prácticas que xa se denunciaban e enfrontaban no século
XVIII, e que siguen a causar dano ás persoas, tanto ás que realizan esas accións como ás que as
sofren, pero sobre todo a estas últimas.
Poñemos así fin á campaña que iniciamos para pechar o cuarto de contención no CHUAC. O
cuarto pechouse.
Seguiremos atentamente a evolución do que queda en curso (actuación do Defensor del
Pueblo, investigación da Fiscalía Provincial, tramitación e debate da Proposición non de Lei), e
sobre todo a transformación desa Unidade de Hospitalización Psiquiátrica e a evolución da
contención na mesma. E tamén seguiremos a traballar a prol da erradicación da contención e
da violencia na asistencia ás persoas.
Realizaremos este sábado ás 13 horas, no Obelisco, a derradeira representación desta
campaña. A ela vos convocamos.
En Santiago a 17 de xaneiro de 2019
MOVEMENTO GALEGO DA SAÚDE MENTAL

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

FranquiAtlántico, el Salón de franquicias de referencia en el...

- Trátase da 4ª edición desta carreira de aventuras por equipos...

A secretaría das Mulleres da CIG presentou esta mañá, en...

Destacado Campionato de Galicia de lanzamentos longos Sub16/18/20...