Información
Agenda de Galicia

14 Mestres de Carballo e Oleiros acoden ao Galego de Inverno

Información
Localidades de Galicia 17 Enero 2019 173 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O sábado 19 en sesión de tarde e o domingo 20 en dobre sesión de mañá e tarde, a Piscina Rías Do Sur acolle unha nova edición do Campionato Galego de Natación Máster Open de Inverno que achegará ata a localidade pontevedresa a un total de 26 equipos e a cifra nada despreciable de 439 nadadores, 261 homes e 178 mulleres.

A competición desenvolverase baixo a organización da Federación Galega de Natación e o CN.Galaico. Nesta ocasión os da AD. Fogar de Carballo e Oleiros estaremos representados por un total de 14 nadadores (10 homes e 4 mulleres) que disputarán un total de 36 probas a título individual e outras 5 probas de remudas. As escuadras máis numerosas e por tanto os máximos favoritos na disputa dos títulos nas categorías masculina, feminina e conxunta son o CN.Travesas, o CN.Rías Baixas, os anfitrións do CN.Galaico e o CN.Portamiñá. Toda a información relativa a este Campionato Galego Máster de Inverno pode consultarse na web da Federación Galega de Natación na ligazón https://www.fegan.org/post/963.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

FranquiAtlántico, el Salón de franquicias de referencia en el...

- Trátase da 4ª edición desta carreira de aventuras por equipos...

A secretaría das Mulleres da CIG presentou esta mañá, en...

Destacado Campionato de Galicia de lanzamentos longos Sub16/18/20...