Información
Agenda de Galicia

IX Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas

Información
Localidades de Galicia 16 Enero 2019 262 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

  • O evento, que terá lugar o vindeiro sábado, 19 de xaneiro, en Castro Caldelas, reunirá a 500 gaiteiros de grupos de Ourense, Lugo e A Coruña.

    O IX Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas reunirá o vindeiro sábado, 19 de xaneiro, en Castro Caldelas, a partir das 11.30 horas, a 500 gaiteiros de diferentes bandas de gaitas procedentes de Lugo, A Coruña e Ourense.
    Pola súa parte, a alcaldesa de Castro Caldelas dixo que para o seu municipio é unha "honra acoller este evento enmarcado na Festa dos Fachós, porque isto supón un plus engadido á celebración, ao mesturar nun mesmo evento a música do certame e a etnografía da festividade". Asemade, Sara Inés Vega destacou que para ela é "un orgullo dobre esta celebración porque ademais de contar cunha ampla representación do mundo da gaita, o certame estará dedicado aos Trabazos de Castro Caldelas, construtores da música da gaita".

    A IX edición deste certame contará coa participación das bandas de Ourense, Os Trabazos de Castro Caldelas, A Tarazana, Preparatorio, Ladies Band, e as Bandas de Gaitas dos concellos de Riós, Bande, Vilariño de Conso, Carballiño, Xinzo de Limia-B; de Lugo participará a banda municipal de Chantada e a Devandoira Infantil; e da Coruña a banda Agarimo de Catabois. E, a partir das 13.30 horas, actuarán as bandas de 1º Grao comezando pola de Lugo, Devandoira; de Ourense, actuará a Real Xuvenil; e rematará a banda do Concello de Monforte de Lemos, de Lugo. Posteriormente, ás 14.00 horas, será a entrega de diplomas e medallas, e ao remate, tódalas bandas interpretarán o Himno do Antergo Reino de Galicia en conxunto.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

FranquiAtlántico, el Salón de franquicias de referencia en el...

- Trátase da 4ª edición desta carreira de aventuras por equipos...

A secretaría das Mulleres da CIG presentou esta mañá, en...

Destacado Campionato de Galicia de lanzamentos longos Sub16/18/20...