Información
Agenda de Galicia

600 persoas acompañarán aos Reis nunha Cabalgata que abre o seu paso por todos os concellos de Galicia

Información
Localidades de Galicia 04 Enero 2019 505 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O percorrido será o habitual dos últimos anos, con saída do auditorio ás 19,00 hora e chegada á Casa Consistorial, na praza de Ravella.

A única novidade, que apenas modifica ese trazado, é que se evita a praza de Independencia, en obras, que é substituída por Edelmiro Trillo e un tramo de Padre Feijóo. Así pois, o percorrido definitivo é: auditorio, avenida da Mariña, Conde de Vallellano, Arcebispo Lago, Alexandre Bóveda, Alejandro Cerecedo, Doutor Tourón, praza de España, Edelmiro Trillo, Padre Feijóo, Arapiles e praza de Ravella. Como é tamén tradicional, diante da Casa Consistorial haberá un belén vivente. Dende aquí as Súas Maxestades se dirixirán ao público, antes de retirarse ao Salón Nobre da Casa do Concello, onde recibirán a todos os nenos e nenas que o desexen.

Os Reis terán así un día moi axitado. Trala súa chegada á cidade, a primeira hora da tarde, ás 16,30, visitarán aos maiores da Residencia “Divina Pastora”. Máis tarde, a partir das 18,00 horas, no salón principal do auditorio os monarcas recibirán aos nenos e nenas que, en calidade de paxes ou escoltas, os acompañarán polas rúas de Vilagarcía. Despois, ás 19,00 horas, sairá a Cabalgata, para rematar con outra recepción na Casa Consistorial, que non adoita acabar antes das 10,30 da noite.

A Cabalgata é unha das actividades lúdico-culturais que máis interese esperta entre os vilagarciáns e os varios centos de persoas que visitan a cidade con ese motivo. Por iso, o Concello quere agradecer publicamente a colaboración de colectivos como as Anpas dos colexios Filipense, A Lomba, Rubiáns, A Escardia e Educación Especial; asociacións como O Noso Lar, Lumarada, Os Remolóns e Mar de Arousa; clubes deportivos como Os Ingleses; e organizacións como Protección Civil, Policía Local e Banda de Música.

VIGO;

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, puxo en valor este xoves o dispositivo de seguridade previsto para a Cabalgata dos Reis Magos do vindeiro sábado polo centro da cidade (desde las 18:00 ás 20:00 horas). O plan contará con 90 axentes da Policía Local, a colaboración de 300 voluntarios, efectivos de Protección Civil e ambulancias.

O rexedor avanzou que as Maxestades de Oriente terán desta vez moito parecido con Eugenio González de Haz, Carlos Pérez e Ibrahima Nihan Sow. Na organización e montaxe da cabalgata participan tamén os Centros Deportivos e Culturais e a Federación de Peñas Recreativas "El Olivo".

O percorrido estará totalmente valado para garantir a seguridade dos asistentes e vanse establecer catro postos destacados de emerxencias: no cruce de Alfonso XIII con García Barbón, en Colón-Urzáiz, a rúa Miragaia e Doutor Cadaval. Ademais instalaranse dous postos de atención a cativos perdidos no lateral da Igrexa de Santiago de Vigo e na Porta do Sol e haberá unha plataforma para persoas con mobilidade reducida diante da Igrexa de Santiago de Vigo.

No referente ao tráfico, dende as 09:00h da mañá quedará ocupado un carril de circulación ao longo do recorrido para instalar as vallas de protección. Ás 15 horas quedará cortado o tráfico entre Sanjurjo Badía e Isaac Peral, onde comeza a montaxe da cabalgata e ás 17:00 horas queda cortado todo o tráfico ao longo do percorrido.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Celebrarase do 5 ao 29 de abril nos restaurantes, ao igual que...

Con previsión de vientos flojos a moderados que además se harán...

20.03.2019.- As bases que rexen o certame pódense consultar no...

El próximo sábado 27 de Abril de 2019 a las 15.00 horas arrancará...

lineaazul 1600