Información
Agenda de Galicia

O campo do Polvorín acolle o Torneo Nacional de Árbitros Fútbol 7

Información
Localidades de Galicia 29 Diciembre 2018 290 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
O campo municipal do Polvorín acolle un decembro máis o Torneo Nacional de Árbitros Fútbol 7

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, e o presidente da Peña de Árbitros 9,15, Óscar Carballo, presentaron este mércores, na Sala de Usos Múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, o XI Torneo Nacional de Árbitros Fútbol 7, que terá lugar esta fin de semana, sábado 29 e domingo 30. O Concello colabora de novo con este campionato deportivo para árbitros de fútbol e fútbol sala, que acollerá un decembro máis o campo municipal do Polvorín.

 

Na presentación, Miguel Fernández, quen agradeceu o traballo da Peña de Árbitros e a continuidade desta iniciaitiva, que serve para intercambiar coñecementos e experiencias; rompeu unha lanza a favor da figura do árbitro de fútbol, sen a cal sería absolutamente imposible que se desenvolvera esta actividade deportiva. O edil tamén quixo convidar a todas e todos os afeccionados ao fútbol a achegarse ao Polvorín ao longo destes dous días, onde poderán gozar dun ambiente de compañeirismo.

Pola súa banda, Óscar Carballo, agradeceu a colaboración do Concello e a Deputación, sen as cales non se podería desenvolver esta iniciativa. Así mesmo, fixo un repaso polo torneo, no que participarán catro grupos de catro equipos, clasificándose os dous primeiros para a  fase final. Os partidos, que arrincarán o domingo ás 09:00 horas, terán unha duración única de 30 minutos, agás a final que se desenvolverá en dúas quendas de quince minutos. A fase previa durará ata as 18:00 horas, logo os cuartos comezarán ás 18:20 e ás 19:00 horas, para xogar a semifinal ás 19:40 e a final, ás 21:00 horas. Ás 22:30 horas haberá unha cea de gala, na que se sortearán dous exemplares do libro Arbi, ¿que pitas?, de Xavier Rodríguez, libro que tamén se poderá mercar durante toda a competición. Nesta edición participarán arbitros de Galicia, Canarias, Palencia, Valladolid e León, entre outros. Como novidade, este ano haberá un equipo de xornalistas de Lugo.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Destacado Campionato de Galicia de lanzamentos longos Sub16/18/20...

El 22 de febrero, Lume de Biqueira, la banda de gaitas...

A Marinha realiza no próximo dia 19 de fevereiro, na Esquadrilha...

O secretario Xeral da CIG, Paulo Carril, compareceu esta mañá...