Información
Agenda de Galicia

Julio Verne dará a benvida ao 2019 nunha Toma das Uvas retransmitida en streaming

Información
Localidades de Galicia 25 Diciembre 2018 311 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A cita será, como xa vén sendo tradicional, na praza de Ravella. O entretemento comezará arredor das 11 da mañá, con pasacalles, a actuación dun picadiscos e o espectáculo da compañía de Pablo Méndez dende as 11,45. Despois das badaladas, o espectáculo continuará ata as 13,30 horas, aproximadamente.

Os asistentes poderán brindar con cava e, por suposto, poderán tomar as preceptivas doce uvas. Todo con varias cámaras gravando e emitindo en streaming todo o que ocorra na praza da Ravella. Os espectadores tamén verán imaxes do interior do centenario reloxo dende o que os vilagarciáns darán a benvida ao 2019 ao mesmo tempo que nas súas antípodas, en Australia.



Na súa presentación, a concelleira de Xuventude, Sonia Outón, agradeceu publicamente o patrocinio que ano a ano prestan empresas como Gadis, La Metro ou Academia Elisa e, sobre todo, o esforzo dos moitos voluntarios que fan posible que arredor de 2.500 persoas teñan a oportunidade de celebrar o paso do ano na compaña de familiares e amigos no que é xa unha das grandes atraccións lúdicas e festivas de Vilagarcía.

A emisión das badaladas pode seguirse tanto dende Facebook (Concello de Vilagarcía e Toma das Uvas) como Instagram (Concello de Vilagarcía). A retransmisión comezará ás 11,30 horas.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

FranquiAtlántico, el Salón de franquicias de referencia en el...

- Trátase da 4ª edición desta carreira de aventuras por equipos...

A secretaría das Mulleres da CIG presentou esta mañá, en...

Destacado Campionato de Galicia de lanzamentos longos Sub16/18/20...