Información
Agenda de Galicia

O DÍA 15 DE DECEMBRO TODAS/OS Á RÚA

Información
Localidades de Galicia 16 Diciembre 2018 262 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Se repasamos as hemerotecas deste último ano, veremos que desde a Coordinadora, da que Modepen forma parte,  pero sobre todo desde os pobos e cidades fíxose un traballo intenso, na maioría dos casos non reflectido en toda a súa profunda realidade. Todas e todos vós sodes os verdadeiros protagonistas do noso movemento, do que estamos tan orgullosos, e se falará durante moito tempo.

 

Con esta manifestación de hoxe poñemos remate a un ano de enérxica actividade reivindicativa. Pero non nos imos. Voltaremos en xaneiro coas forzas renovadas, para que os políticos, a xustiza, e os poderes económicos, que carecen de dignidade e vergoña, non nos sigan roubando as pensións públicas, a sanidade, a educación, a dependencia e tantos outros dereitos e liberdades que tanto esforzo e sacrificio custou coseguir. E voltaremos, porque a penas temos empezado a andar o camiño que nos propuxemos: reconquistar os dereitos e liberdades arrebatados e arrincar outros novos. Témolo dito moitas veces: somos maiores pero non tontos.

Hoxe, día 15 de decembro de 2018 saímos á rúa, para manifestar alto e claro a ises políticos daquí e de Bruxelas e aos poderes económicos, que non imos parar, que cada día seremos máis e que nos terán enfronte cada vez que intenten arrebatarnos o que é noso. Hoxe protestamos firmemente porque a ameaza ao noso Sistema Público de Pensións continúa co descenso das pensións medias debido aos efectos da reforma de 2011 de Zapatero. Porque non se derrogou a reforma do 2013 de Rajoy que ameaza co Factor de sustentabilidade facer a nosa pensión máis mísera canto máis vivamos. Contra o cómputo anual de 25 anos e a ameaza latente de que se tome toda a vida laboral para o cálculo da base reguladora. Contra unha revalorización por debaixo do IPC real, e a ameza de voltar outra vez ao 0,25%. Contra un incremento continuo da presión ás persoas pensionistas realizada a base de campañas enganosas de todo tipo de produtos financieiros que tratan de exprimir aos máis desfavorecidos.

 

 

Pero hoxe toca sair sobre todo contra:

Os Plans de pensións privados, que prexudican gravemente ao Sistema Público de Pensións coas deducións fiscais. Uns plans de pensións que estamos financiando os pobres para que os disfruten os ricos.

Os Plans Pensións de Empresa, sexan éstes de administracións públicas ou de empresas privadas, xa que todos foron deseñados claramente contra o Sistema Público do que detraen cantidades inxentes de diñeiro.

As Entidades de Previsión Social Voluntarias (EPSV), hai tempo implantada en Euskadi, e que o PNV ofreceo ao Goberno do Estado, através da Comisión do Pacto de Toledo, para que a súa implantación se estenda a todo o Estado. Estes Plans de Pensións baleiran de de contido o Sistema Público de Pensións, á vez que dividen aos traballadores, creando traballadores de primeira e de segunda.

A Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións, oporase a todos istes intentos de debilitar o noso Sistema Público, o único que é solidario de forma interxeracional e interterritorial, e defenderémolo con tódalas enerxías que poidamos se o  continúan atacando. Sabemos que é moi mellorable e por iso estamos loitando, por melloralo, pero non imos permitir que o sigan deteriorando.

Opoñémonos firmemente a isas novas formas de enxeñería financieira, como son as hipotecas inversas, que están de novo implementando as entidades financieiras verdadeiros  voitres carroñeiros, que se nutren sempre da cidadanía máis débil sen importarlle o dano e sufrimento que causan na sociedade.

Loitaremos contra esas prácticas e apoiaremos a toda a cidadanía que se poida ver prexudicada.

INSISTIR, PERSISTIR E RESISTIR.

GOBERNE QUEN GOBERNE, AS PENSIÓNS DEFÉNDENSE.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...