Información
Agenda de Galicia

I Concurso de Decoración para que comercios, establecementos hostaleiros e praceiros engalanen con motivos navideños as fachadas dos seus locais e postos

Información
Localidades de Galicia 07 Diciembre 2018 568 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
O Concello de Vilagarcía quere que o ambiente navideño se espalle este ano por todos os rincóns da cidade, razón pola cal vén de convocar o I Concurso de Decoración para que comercios, establecementos hostaleiros e praceiros engalanen con motivos navideños as fachadas dos seus locais e postos. Deste xeito, a iluminación de Nadal que pon o Concello nas rúas e prazas da cidade, verase complementada coa decoración dos exteriores dos establecementos. Para incentivar á participación, o Concello concederá tres premios en metálico por importe de 595 euros ás fachadas mellor decoradas.
05. 12.2018.- Para a avaliación dos traballos teranse en conta criterios como a superficie da fachada decorada, a innovación e orixinalidade, o deseño ou a pertenza a algunha das asociacións sectoriais do municipio. En base a iso, concederase un premio de 595 euros á mellor decoración no apartado de comercio retallista, a mesma cantidade para a hostalería e outro tanto para o posto mellor valorado da Praza de Abastos.

A Xunta local de Goberno aprobou o luns as bases que rexerán o concurso no que poderá participar calquera local de comercio, restauración, hostalaría, servizos, praceiros…, para o que deberán inscribirse previamente a través da sede electrónica do Concello (sede.vilagarcia.gal) a partir do xoves e ata o día 20 de decembro. O concurso refírese á decoración das fachadas que dan ás rúas ou, no caso dos postos da praza, aos exteriores dos postos, non dos escaparates.

As bases do concurso tamén se poderán consultar a partir de mañá, mércores 5 de xaneiro, no taboleiro de anuncios da web municipal http://www.vilagarcia.es e da sede electrónica. Unha vez inscritos, os concursantes deberán recoller na Concellería de Promoción Económica o cartel distintivo de “establecemento participante” e que deberán poñer nun lugar visible da fachada. A fachada deberá permanecer decorada durante todas as festas de Nadal, como mínimo do 20 de decembro ao 6 de xaneiro.

Os concursantes terán que entregar un dossier de fotografías da fachada decorada (máximo 10 imaxes), trámite que poderán facer a través da sede electrónica ou entregar directamente no Concello nun dispositivo USB. O prazo máximo remata o 5 de xaneiro.

O xurado encargarase de percorrer os locais participantes para avaliar a decoración das fachadas durante diferentes xornadas. Estará integrado por representantes do Concello, Zona Aberta, Ahituvi, Asociación de Praceiros e un profesional relacionado coa estética, belas artes ou da escenificación. O fallo darase a coñecer o 11 de xaneiro e a entrega de premios terá lugar posteriormente nun acto público.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Estimada lectora, estimado lector,

O 26 de marzo a Unión Europea...

La penúltima jornada de pruebas que se iba a celebrar en Baiona...

As entradas sairán á venda en próximas datas cun prezo que...

Celebrarase do 5 ao 29 de abril nos restaurantes, ao igual que...

lineaazul 1600