Información
Agenda de Galicia

E.B.X. COLABORA COA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE XOGUETES DA CRUZ VERMELLA

Información
Localidades de Galicia 03 Diciembre 2018 243 votos

Este próximo martes 4 de xaneiro ás 13 h da mañá no Local de CruzVermella, a Escola Basket Xiria presentará un ano máis a súa colaboración coa campaña lanzada por Cruz Vermella de Carballo "Os seus dereitos en xogo" para recoller xoguetes novos, non bélicos e non sexistas, para que este Nadal ningún neno, nin nena se queden sen xoguetes.

 

Por parte da EBX acudirá o seu Presidente Marcos Díaz Molk, por parte de Cruz Vermella estará a súa Directora Ana Veira e por parte do Concello de Carballo -quen tamén está a colaborar nesta campaña recollendo xoguetes na Biblioteca Municipal Rego da Balsa-, fará acto de presenza a Concelleira de Igualdade e Benestar, Maica Ures.

A Escola Basket Xiria, ademais de colaborar na recollida de xoguetes, tamén colabora coa presenza de voluntarios e voluntarias da entidade (adestradores/as, xogadores/as, directivos/as, etc) durante varios días da campaña, para axudar na preparación dos paquetes e agasallos.

Información sobre a Campaña:

Campaña de colaboración da Escola Basket Xiria de recollida de Xoguetes novos para Cruz Vermella de Carballo e colaboración con voluntariado corporativo

Para a entrega dos xoguetes, podes contactar por tlf ou whatsapp no tlf 607847925 (Arturo Ferraces - Director Deportivo EBX). Tamén se recollerán por parte dos adestradores nos partidos ou adestramentos da Escola Basket Xiria. Consultar lugares e horarios de adestramentos e partidos en http://www.escolabasketxiria.com

A campaña de recollida de xoguetes rematará o 19 de decembro.

(Tamén se recollerá papel de regalo para envolver os xoguetes)

Agradecemos de antemán a vosa colaboración nestas datas tan sinaladas! E os máis pequenos e pequenas tamén volo agradecerán!

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 

Otros articulos relacionados.....