Información
Agenda de Galicia

A influencia das tecnoloxías na psicoloxía reúne a máis dun cento de psicólogos/as no Carballiño

Información
Localidades de Galicia 22 Noviembre 2018 299 votos

Mañá venres, 23 de novembro, dará comezo a vixésimo terceira edición das Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde que neste ocasión se centran nas tecnoloxías emerxentes e nos retos que supón unha contorna dixital para a psicoloxía. Será a primeira vez que este importante encontro profesional de carácter autonómico se celebre no concello ourensán do Carballiño, que congregará a un cento de psicólogos e psicólogas do ámbito da saúde.

 

Nestas Xornadas, que levan por título "Das vellas tecnoloxías ás tecnoloxías emerxentes; a dixitalización das contornas e das relacións" tentarase reflexionar sobre o impacto tanto na sociedade en xeral como na propia práctica clínica. O venres 23 e o sábado 24 haberá oportunidade de debater sobre o impacto da intervención terapéutica online, das aplicacións tecnolóxicas que se están a empregar no eido psicolóxico ou preocupacións tan en auxe como as adiccións sen substancia ás tecnoloxías.

Concello do Carballiño e mais o Casino desta mesma localidade son entidades colaboradoras das Xornadas, que contan co aval da Asociación Salud Digital e que teñen o recoñecemento de formación continuada do Sistema Nacional de Saúde. O comité organizador está integrado por José Manuel Fariñas Darriba e Marina Ortega Otero, mentres que forman parte do comité científico desta edición José Manuel González González, Ana López Durán e José Eduardo Rodríguez Otero.

O presidente da Asociación Salud Digital, Jaime del Barrio Seoane, médico e actualmente senior advisor na área de "Healthcare & Life Sciences" de Ernst & Young, será o encargado de ofrecer a conferencia inaugural o venres 23, que leva por nome "A xestión da saúde nun click: mapas da era dixital, evolución, situación actual e perspectivas". A seguir, será o momento da análise da terapia online, coa experiencia da psicóloga clínica Mar Aparicio Sanz e do médico psiquiatra Óscar Fernández Torre, de Cantabria, mentres que a avogada Cecilia Barros Díaz exporá os aspectos xurídicos e deontolóxicos do uso de novas tecnoloxías na práctica psicolóxica.

Xa na tarde do venres exporanse dúas caras opostas do impacto tecnolóxico na vida das persoas. Por unha banda, a psicóloga de FEAFES Galicia - Ourense, Patricia Gómez Salgado, reflexionará sobre como estas ferramentas poden favorecer a dinamización e a integración; mentres que o psiquiatra da Unidade de Condutas Adictivas de Ourense Gerardo Flórez Menéndez tratará o abuso do tecnolóxico.

Pechará a xornada do venres unha mesa sobre as potencialidades comunicativas que ofrecen as TIC. O psicólogo clínico Xacobe Abel Fernández García exporá a súa experiencia na moderación dun grupo nas redes sociais para a dinamización profesional, mentres que a psicóloga María José Fares Varela e experta en xerontoloxía tratará sobre a fenda dixital e como superala.

Na xornada do sábado será a quenda de aplicacións tecnolóxicas: "e-Motional Training" para o tratamento e a rehabilitación do funcionamento cognitivo será exposto polo psiquiatra Alexandre García Caballero, do Complexo Hospitalario de Ourense; mentres que Lucía Maneiro Santamaría e Rafael Tourón Estévez reflexionarán sobre as posibilidades da realidade virtual aumentada para a resolución de dificultades como creadores do software PsicoVR.

O peche destas xornadas correrá por conta de Ana Calero Elvira, doutora en Psicoloxía e directora da Clínica Universitaria do Centro de Psicoloxía Aplicada da Universidad Autónoma de Madrid, que presentará a conferencia titulada "O impacto das tecnoloxías emerxentes na atención psicolóxica: reflexións e consideracións desde 'o tradicional'".

Tamén haberá oportunidade para actividades internas da Sección de Psicoloxía e Saúde, como a presentación do Anuario de Psicoloxía e Saúde, unha publicación que chega ao seu décimo primeiro número e que nesta ocasión se centra no humor. Tamén se presentarán as comunicacións libres e pósteres que poden ser remitidas polos colexiados e colexiadas nas que se trate calquera temática relacionada coa psicoloxía clínica ou da saúde. As mellores, tanto en formato oral como escrito, recibirán un bono formación da Sección de Psicoloxía e Saúde por valor de 200 euros, ademais de publicarse no vindeiro número do Anuario de Psicoloxía e Saúde de 2019.

As Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde son o encontro científico de maior antigüidade organizado polo COPG, desde as primeiras celebradas en 1996, que buscan promover o intercambio de experiencias e coñecementos desta área entre o colectivo profesional da psicoloxía e da saúde, así como promover a actualización científico-técnica en materias específicas. Esta iniciativa impulsada polo COPG está recoñecida como unha Actividade de Interese Sanitario por parte da Consellaría de Sanidade da Xunta de Galicia. Vai dirixida a psicólogas e psicólogos colexiados; estudantes de psicoloxía e outros/as profesionais interesados na temática a tratar. 

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 

Otros articulos relacionados.....