Información
Agenda de Galicia

Nen é gratuito nen o pagan outros que nons exan os cartos públicos dos ciudadáns, David Prado presenta nun concerto gratuíto o seu novo disco El viaje perfecto, co apoio da Deputación e o Concello

Información
Localidades de Galicia 01 Noviembre 2018 187 votos
David Prado presenta nun concerto gratuíto o seu novo disco El viaje perfecto
García porto remarcou que “este evento enmárcase dentro da programación cultural do organismo provincial, na súa liña de compromiso pola dinamización da vida cultura da provincia e o apoio aos artistas lucenses” , a Deputacaión se encarga de regalrlle as instalacións usar os cargos públicos para a promoción e o uso da web institucional para publicitar empresas prvadas e súas webs, exemplo "As entradas, que son de balde, poden descargarse en www.davidprado.es" e de valde nesta vida, decía miña nai, nen a auga, e Rajoy cobraba hasta o sol.

David Prado actuará o vindeiro 1 de decembro no Auditorio Gustavo Freire, ás 20:30 horas, para presentar o seu novo traballo titulado El viaje perfecto

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, presentou o novo concerto que o artista lucense David Prado ofrecerá na capital, de xeito totalmente gratuíto, organizado pola Deputación dentro da súa programación cultural, e promocionado tamén polo Concello. No acto tamén estivo o cantante, quen anunciou numerosas sorpresas no espectáculo que terá lugar o vindeiro 1 de decembro no Auditorio Gustavo Freire ás 20:30 horas, onde dará a coñecer os temas do seu novo traballo El viaje perfecto. As entradas, que son de balde, poden descargarse en www.davidprado.es   

García Porto subliñou que “seguimos comprometidos na dinamización da vida cultural da provincia e no apoio aos artistas lucenses. Trátase dun concerto gratuíto promovido pola Deputación co que ofrecemos aos lucenses unha alternativa de ocio musical. Por outra banda, é unha satisfacción que David Prado escollese a súa cidade para presentar os temas do seu novo disco”.

El viaje perfecto


O lucense David Prado escolleu Lugo para tocar por primeira vez as cancións do seu novo proxecto musical, El viaje perfecto, antes de que saia á rúa, aínda que o mesmo día do concerto, o 1 de decembro, poderanse escoitar nas plataformas dixitais. Trátase dun traballo coordinado por Xusto Malejón e producido por Diego Grande, Iván Salgado e Diego Mosquera. Son dez temas nos que o artista experimenta cunha serie de sons cara ao pop, sen deixar a esencia que define as súas anteriores composicións. Para este novo título, Prado contou coa colaboración dos músicos Ralph Míguez e Luís Vivas.

David Prado


David Prado (Lugo, 1986) toca a guitarra desde os 8 anos e El viaje perfecto sería o seu cuarto disco, o segundo editado baixo selo,. Compuxo a letra da canción Ribeira Sacra, despois de tocar nos seus inicios nun bar de Belesar e que serviu para promocionar a riqueza desa zona. Tamén é autor do tema que conmemora os 50 anos do CB Breogán.



Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi