Información
Agenda de Galicia

Guerra de estilos entre o Calvo Basket Xiria e o BBCA este Sábado en Carballo

Información
Localidades de Galicia 26 Octubre 2018 718 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Esta fin de semana o Calvo Basket Xiria xoga contra o BBCA de Ferrol Castelo de San Felipe, que a priori é un equipo clásico na competición que mistura xogadores xóvenes con outros moito máis veteranos, destacando algún xogador que competiu en ligas superiores como Ismael Fernández.

 

O BBCA ven de gañar os dous últimos encontros, ó igual que o Calvo Xiria, gañando na difícil pista de Pontedeume por 9 puntos e venciu tamén a Instituto Rosalía por 10 puntos, en ambos casos deixando ó equipo rival con tanteo moi baixo. Polo tanto espérase un partido moi complicado e de seguro será unha guerra de estilos.

Se o partido xoga a 5x5 en un ritmo lento, beneficiará ó equipo de Ferrol, sen embargo se o equipo Carballés logra imprime bo ritmo, defender agresivo a toda pista e transicións rápidas, o xogo favorecerá ó Calvo Basket Xiria.

Pola parte de Xiria segue de baixa Alberto Rodríguez e o xogador vinculado Andrés Lodeiro. Entra na convocatoria Mateo Goday e quizá algún outro xogador vinculado.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...