Información
Agenda de Galicia

Anpa de Vilar de Barrio, mañá xoves dende as 10,15 farán unha concentración e un parón educativo todas as familias do colexio contras as políticas do PPdeG e Feijóo

Información
Localidades de Galicia 03 Octubre 2018 874 votos

Un centro recoñecido polos seus bos resultados, premiado, cun profesorado implicado, familias activas e que leva mantendo a mesma matrícula en 20anos conta cun cadro de persoal só de 4profesores que enchen e dobran a súa xornada.para atender ós nosos fillos e.fillas e as súas dificultades. Leremos un comunicado que lles remito, esperando que dean a coñecer as nosas inxusta situación:

 
A ANPA do CEIP Plurilingüe de Vilar de Barrio, pide que lle sexa restituír a praza dun profesor máis, eliminada hai dous anos.Despois de dirixir un escrito hai case dous anos á Xefatura territorial e de xuntarnos co Inspector de educación do centro e coa Xefa Territorial de Ourense, pedindo mesmo cita en Santiago para o que nin resposta obtivemos; decidimos levar a cabo unha serie de medidas que comezan cun parón educativo, o xoves día 4.As familias de centro están indignadas debido ás falta de profesorado, o alumnado todo do centro está agrupado en tres aulas, contando cada unha co. 3niveis educativos e chegando a sumar mesmo 18nenos e nenas. Sabemos que temos nenos e nenas de necesidades educativas especiais para os que non hai profesorado de apoio e así non superarán as súas dificultades.
Un centro de referencia, cun profesorado implicado, gañador de varios premios como o Samsung de innovación educativa e innovador con proxectos de robótica, de radio...Non pode continuar mantendo a calidade educativa con só 4profesores e profesoras para 48nenos.Trmos datos doutras escolas no rural e é a nosa a peor dotada.
O curso pasado, cando un profesor/a faltaba, os nenos tiñan que ser repartidos polas distintas aulas para que os puidesen atender.
Queremos un centro educativo, queremos os medios necesarios e mobilizar é nos para ter:
Un profesor XA.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 


Otros articulos relacionados.....