Información
Agenda de Galicia

O I Torneo senior "Cidade de Ourense – Tenis Atlántico" reúne aos mellores tenistas de Galicia e o Norte de Portugal

Información
Localidades de Galicia 22 Septiembre 2018 1063 votos

  • Celébrase desde hoxe no club Santo Domingo co apoio da Deputación de Ourense.

Ourense, 21 de setembro de 2018.- O I Torneo senior "Cidade de Ourense – Tenis Atlántico" reúne aos mellores tenistas de Galicia e o Norte de Portugal desde hoxe e ata o vindeiro domingo nas instalación do club Santo Domingo. Este evento deportivo, que conta co apoio da Deputación de Ourense, foi presentado hoxe no Pazo Provincial coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o presidente da Federación Galega de Tenis, Xosé Mosquera; o representante do servizo de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez; e o técnico e árbitro do Club Santo Domingo, Adrián Sampedro.

 

"Trátase de unir deporte e turismo ao redor do tenis, contando cos mellores xogadores veteranos da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, que por primeira vez se dan cita en Ourense", explicou Rosendo Fernández, engadindo que son uns ámbitos: deporte e promoción turística, "aos que apoia o goberno provincial, sinaladamente neste caso cunha competición exemplar e de alta calidade".

Xosé Mosquera, elixido recentemente presidente da Federación Galega de Tenis, destacou que no torneo participarán 30 xogadores galegos e 5 de Portugal, contando coas raquetas máis destacadas nas categorías que abranguen desde +40 a +65 anos. "Esta competición vai na liña de revitalizar o tenis atlántico xunto co do Norte de Portugal", subliñando que para 2019 "agardamos celebrar sete torneos, algúns deles regulados pola Federación Internacional de Tenis (ITF), facendo fincapé na importancia da promoción deportiva e turística".

As categorías do torneo son: individual +35, +45, +55, +65, +70, feminino e masculino, e parellas +35, +45, +55, +65, +70, feminino, masculino e parellas mixto. O torneo disputarase o mellor de tres sets con super tie-break no terceiro na fase final, e ao mellor de 2 sets curtos con super tie–break no terceiro na fase previa. No apartado turístico haberá unha excursión en catamarán pola Ribeira Sacra; visita ao mosteiro de Santo Estevo e cea oficial.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 

Otros articulos relacionados.....