Información
Agenda de Galicia

10 de novembro, co Campionato de Europa Láser Máster como prato forte

Información
Localidades de Galicia 12 Septiembre 2018 1252 votos

O gran evento multiclase da náutica do noroeste peninsular, que abarca once competicións de vela, remo e piragüismo, arrinca este sábado en Vigo e celebrarase ata o 10 de novembro. O prato forte desta edición é o Campionato Europeo de Láser Máster, para o que xa están confirmados 150 barcos de 20 países e que se celebrará do 5 ao 11 de outubro en Vigo.


Abel Caballero presidiu o acto de presentación e destacou "a capacidade de xerar deporte e de superarnos" que ten este gran evento deportivo e aplaudiu a "excelente organización e a solidez do proxecto".

Xunto a el estiveron representantes do resto de institucións que apostan por este encontro como a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, que destacou que este evento "sitúanos internacionalmente tamén a nivel turístico"; o presidente de Autoridade Portuaria, Enrique López Veiga, e o delegado de Zona Franca, David Regades.

O presidente do comité organizador e responsable do Liceo Marítimo de Bouzas, José María Martínez Bosch, agradeceu tanto ás institucións como aos patrocinadores o seu apoio e destacou a "camadería que en cada edición existe entre clubs e autoridades, o que converte a este evento en modélico dentro do mundo da náutica".

A competición arrinca este sábado na Ría de Vigo coas Coca Cola Series, da man do Club Marítimo de Canido. Pola súa banda, no campionato europeo participarán barcos maioritariamente de toda Europa pero, dado que é un evento "Open", haberá tamén deportistas de Australia, Estados Unidos, Canadá, Arxentina e Brasil.



Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi