Información
Agenda de Galicia

A fotógrafa Peruchela amosa fotografías sobre oficios tradicionais galegos na Casa de Cultura de Monforte

Información
Localidades de Galicia 04 Septiembre 2018 1808 votos

Entre os vindeiros 3 e 17 de setembro a fotográfa galega Rocio Rodríguez (Peruchela), exhibirá unha mostra de fotografías relacionadas con antigos oficios de Galiza rural. Un traballo que iniciou fai uns anos coa recollida de imaxes e vídeos tomados os continuadores destos empregos en diferentes feiras etnográficas e tradicionais, así como en aldeas, e completadas con imaxes de utensilios e ferramentas de diferentes museos galegos.

 

Unha labor coa que Peruchela pretende rescatar do olvido estas profesións, un soño que según nos conta, afincou nela ala polo ano 2005, ano no que empezara a traballar no proxecto www.aldeasgalegas.com .

Xa no 2017, a autora fixera a sua primeira exposición na Casa da Cultura Luis Pereiro, de Monforte de Lemos. Nesa ocasión, a mostra amosaba numerosas ferramentas, utensilios e labouras do campo como o proceso do liño, amosando tamén oficios como o de carpinterio, ferreiro, serrachín, barbeiro e cereiro.

Este ano 2018, a segunda mostra fotográfica de oficios daranos a coñecer traballos como o de resiñeiro, silleiro, albardeiro, ou o de telleiro. Este último foi un oficio que incluso chegou a ter xerga propia para que os dafora non poideran entrar nel. Tamén se amosarán fotografías de cocheiros, cesteiros, zoqueiros, ou o tan entrañable de alambiqueiros, entre outros.

Peruchela quere agradecer a labor de todos os artesáns e profesionais que traballan por manter vivos estos oficios, así como toda a axuda e colaboración prestada por tantos deles na realización desta mostra fotográfica, que tamén poden ver ampliada con vídeos na páxina da fotógrafa www.retratosperuchela.com desta saga de exposicións para o vinderio ano.

Así mesmo, dada a enorme amplitude de oficios e labouras propias de Galiza rural, a fotográfa anuncia xa a continuación .



Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi