Información
Agenda de Galicia

O municipio da Veiga prepárase para acoller a segunda edición da súa ruta de ciclismo de montaña, a BTT Trevinca – Desafío Starlight, que terá lugar o día 2 de setembro

Información
Localidades de Galicia 28 Agosto 2018 942 Votos

A presentación deste evento deportivo tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde da Veiga, Juan Anta; e o director deportivo do evento, David Álvarez.

 

A Deputación de Ourense colabora con este evento que aglutina "natureza en estado puro e deporte, dando a coñecer as potencialidades paisaxísticas e naturais que ofrece esta zona ourensá", sinalou Rosendo Fernández. Así mesmo, o vicepresidente do goberno provincial dixo que este tipo de iniciativas contribúen a "fomentar a práctica do deporte e a vida saudable, sendo tamén un pulo importante para a dinamización do noso territorio".

Pola súa parte, o director deportivo do evento sinalou que esta segunda edición chega "tralo éxito logrado na anterior porque esta carreira ten alma, é máis ca unha simple volta en bicicleta". Como novidade este ano, a organización ofrece tres posibles rutas: a curta de 35 quilómetros, a media de 55 quilómetros e a longa de 75 quilómetros que é "o gran desafío starlight, porque ademais de dar coñecer a beleza natural da zona queremos que veñan ciclistas dun nivel profesional e lograr que dentro duns anos esta proba sexa unha das máis importantes do BTT Nacional", explicou David Álvarez.

Pola súa parte, o alcalde da Veiga dixo que actualmente xa están inscritos "130 participantes entre os que se atopan campións de España, aínda que esperamos chegar aos 250 participantes da pasada edición". Asemade, Juan Anta destacou o atractivo natural e paisaxístico do municipio da Veiga e asegurou que os participantes da proba que "percorrerán o teito de Galicia e o segundo grupo lagunar máis importante da Península, poderán gozar da esencia da montaña que se mantén intacta e que é compatible con este tipo de probas de nivel que nos permiten dar a coñecer o noso territorio".

Os interesados en participar poderán inscribirse na web www.galitiming.com, sendo o custe da inscrición para a ruta longa e media de 18 euros e para a curta de 12 euros. A saída da proba terá lugar ás 9.30 horas para tódalas rutas.

 


Mar Sanchez Sierra, asesora personal de Feijóo aparece relacionada con turbios negocios relacionados con fallecidos y incendios forestales que califican ellos mismos de terrorismo incendiario

marsanchezsierra secretariademediosentramdopiramipdal 29 7 2018La asesora personal de Feijóo  monto o financió "una estructura de colaboración estable de fondos públicos con miembros del PP" familiares del brigadista fallecido en Fornelos de Montes que alcanza a un turbio negocio de los incendios forestales en la Xunta de Galicia y Rosa Quintana.

Xornal Galicia presenta denuncia en la Comisaría de Policía contra María del Mar Sánchez Sierra “Secretaria de Medios y Asesora de Feijóo” por el uso de fondos públicos para financiar plagios y derechos intelectuales de medios de comunicación. (+)

La Secretaria de Medios de la Xunta nombrada por Feijóo, Mar Sanchez Sierra alimenta un "entramado de empresas piramidal" de miembros del PPdeG con fondos públicos de la Xunta de Galicia bajo convenios y adjudicaciones a dedo con Adelaida Dominguez socia y administradora única de varias sociedades de una red de empresas para acceder a contrataciones públicas en la Xunta de Galicia y instituciones donde gobierna el PPdeG. En paralelo los fallecidos en Fornelos de Montes y incendios forestales dejan al descubierto un "negocio de fondos públcios" de inmensas y gigantescas proporciones, donde lo único que cuenta es el dinero público a manos llenas a través de fundaciones, Cetal, Seaga, Fremss, venta de helicópteros, campañas a medios de comuniación de prevención de incendios, manipulación informativa..Brigas Aerotransportadas, etc ....(+).

2. La asesora de Feijoo María del Mar Sanchez financia la venta de ropa laboral y calzado, ropa de policía, cursos de policía, páginas web a gobiernos del PPdeG ...
3. La administradora de varias empresas y convenios con la asesora de Feijóo, Mar Sanchez Sierra solicitó viviendas de protección oficial en varios puntos de Pontevedra. ...
4. Una asesora de Feijóo facturó irregularmente más de 400.000 euros  ... 5. https://www.google.es/search?q=corrupción+informativa+xunta+galicia....(+)

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi