Información
Agenda de Galicia

Celta Media retransmite o Memorial Quinocho ante o Mainz 05 para todo o mundo

Información
Localidades de Galicia 10 Agosto 2018 3327 votos

O fútbol regresa a Balaídos este sábado coa disputa do Trofeo Memorial Quinocho, unha das grandes citas da tempada celeste na que se homenaxea ao eterno ex xogador e xerente Joaquín Fernández Santomé “Quinocho”. Entre as novidades deste ano destaca a presenza dun rival alemán por primeira vez na historia do trofeo, o Mainz 05, pero tamén o transfondo solidario do evento: toda a recadación destinarase aos veciños de Tui afectados pola explosión dun almacén de pirotecnia o pasado mes de maio.

 

As entradas teñen un custo de 5€ para todas as bancadas e habilitouse unha conta solidaria para aqueles afeccionados que non poidan asistir pero desexen colaborar economicamente coa causa (ES80 2080 5066 7330 4003 5840).

Ademais, Celta Media retransmitirá o encontro a través da canle oficial do RC Celta en YouTube e o perfil de Facebook, de maneira que os celtistas de todo o mundo terán a oportunidade de vivir a estrea do equipo de Antonio Mohamed no estadio vigués.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 

Otros articulos relacionados.....