Información

O 27 de xullo terá lugar a eclipse total de Lúa máis duradeira deste século

Información
26 Julio 2018 1653 Votos Sección ; Localidades de Galicia

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

 
Simulación da eclipse do día 27 tal e como se verá, coas seccións dos conos cortados por un plano perpendicular aos seus eixos

Dado que a órbita que describe a Lúa en torno á Terra é unha elipse, co noso planeta nun foco dela, a distancia entre as dúas é variable. É máxima no apoxeo (aproximadamente 406.000 quilómetros) e mínima no perixeo (358.000 qm). Por outra banda, debido á luz emitida polo Sol, a Terra forma un cono de sombra definido polas tanxentes exteriores aos discos destes dous astros. Xa se temos en conta as tanxentes interiores, fórmase outro cono chamado de penumbra que, ao contrario do anterior, se vai abrindo ao afastarse da Terra.

Cando se produce unha eclipse total de Lúa, o satélite penetra primeiramente no cono de penumbra (fase penumbral) e logo vai entrando no de sombra (fase parcial), para chegar a meterse completamente neste último (fase de totalidade). Posteriormente, seguindo un proceso inverso, na súa segunda parte a eclipse vai pasando sucesivamente polas mesmas fases ata rematar saíndo no cono de penumbra.

Na duración da eclipse inflúen fundamentalmente dous factores: o tamaño aparente da Lúa e o camiño que esta leve ao atravesar os conos citados. Así, se a Lúa está preto do seu apoxeo, estará o máis lonxe posible da Terra e por iso verase máis pequena. Consecuentemente, tardará máis no seu tránsito polos conos de penumbra e sombra. Ademais, se se despraza polas proximidades dos centros dos conos, terá mais camiño que percorrer na eclipse e tamén por iso a súa duración será maior.

“Ambas as dúas cousas van suceder o día 27, e por iso a duración desta eclipse total de Lúa será a maior neste século”, explica o catedrático de Astronomía e director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, José Ángel Docobo Durántez.

Ás 21.30 horas
Ese día a Lúa sairá sobre as 21:30 horas xa completamente eclipsada (fase de totalidade).  O medio da eclipse  producirase ás 22:22 horas, e a partires dese momento terá lugar a segunda parte do fenómeno: o comezo da fase parcial ás 23:13 horas, o comezo da fase penumbral ás 00:19 e o remate da eclipse á 01:29 horas.

Durante a fase de totalidade a Lúa non chega a desaparecer de todo “xa que os raios do Sol tanxentes á Terra son refractados pola nosa atmosfera curvándoos e facéndoos incidir sobre a Lúa eclipsada”, explica Docobo. Por iso a Lúa aparece con tonalidades vermellas ou ocres, dependendo do contido de po da atmosfera.

Sobre as condicións de observación, o profesor da USC informa de que non se precisa ningún tipo de protección ocular para seguir as eclipses lunares, podéndose facer a simple vista. Iso si, recomenda facelo desde lugares que teñan o sureste do horizonte despexado para podela ver no seu orto e advirte de que “unha ilusión óptica fará que a vexamos máis grande canto máis baixa estea”.

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller, dentro do seu programa de divulgación TODOCOSMOS, vai facer dúas observacións públicas, unha desde o cumio do Pico Sacro (Boqueixón) e outra no paseo marítimo de Silgar en Sanxenxo.

 


Mar Sanchez Sierra, asesora personal de Feijóo aparece relacionada con turbios negocios relacionados con fallecidos y incendios forestales que califican ellos mismos de terrorismo incendiario

marsanchezsierra secretariademediosentramdopiramipdal 29 7 2018La asesora personal de Feijóo  monto o financió "una estructura de colaboración estable de fondos públicos con miembros del PP" familiares del brigadista fallecido en Fornelos de Montes que alcanza a un turbio negocio de los incendios forestales en la Xunta de Galicia y Rosa Quintana.

La Secretaria de Medios de la Xunta nombrada por Feijóo, Mar Sanchez Sierra alimenta un "entramado de empresas piramidal" de miembros del PPdeG con fondos públicos de la Xunta de Galicia bajo convenios y adjudicaciones a dedo con Adelaida Dominguez socia y administradora única de varias sociedades de una red de empresas para acceder a contrataciones públicas en la Xunta de Galicia y instituciones donde gobierna el PPdeG. En paralelo los fallecidos en Fornelos de Montes y incendios forestales dejan al descubierto un "negocio de fondos públcios" de inmensas y gigantescas proporciones, donde lo único que cuenta es el dinero público a manos llenas a través de fundaciones, Cetal, Seaga, Fremss, venta de helicópteros, campañas a medios de comuniación de prevención de incendios, manipulación informativa..Brigas Aerotransportadas, etc ....(+).

2. La asesora de Feijoo María del Mar Sanchez financia la venta de ropa laboral y calzado, ropa de policía, cursos de policía, páginas web a gobiernos del PPdeG ...
3. La administradora de varias empresas y convenios con la asesora de Feijóo, Mar Sanchez Sierra solicitó viviendas de protección oficial en varios puntos de Pontevedra. ...
4. Una asesora de Feijóo facturó irregularmente más de 400.000 euros  ... 5. https://www.google.es/search?q=corrupción+informativa+xunta+galicia....(+)

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi