Información
Agenda de Galicia

Fan un chamamento a participar, o vindeiro 25 de xullo, nos actos do Día da Patria Galega

Información
Localidades de Galicia 23 Julio 2018 2532 votos

A CIG chama a clase traballadora galega a participar nos actos que o nacionalismo convoca en Compostela o 25 de xullo, Día da Patria Galega. Unha xornada de celebración e reivindicación do dereito dos galegos e galegas a decidir por nós mesmas o noso futuro como nación e a autogobernarnos para poder vivir e traballar dignamente na nosa terra.

 

Chegamos a este 25 de xullo logo dun ano de mobilizacións sociais nas que a clase  traballadora galega foi referente de novo contra as políticas de recortes de dereitos laborais, sociais e civís impostas desde o goberno de Madrid polo Partido Popular. Políticas que afondaron no capitalismo neoliberal, que xa se iniciaran hai 10 anos co PSOE de Zapatero, e que agora, coa volta do PSOE ao poder, tal e como xa anunciaron, se manterán.

Dez anos de crise capitalista que provocaron máis desigualdade, desemprego, salarios de miseria, recortes de dereitos, precariedade, temporalidade, empobrecemento e sobreexplotación a consecuencia das reformas laborais, da negociación colectiva ou das pensións.

Dez anos de crise capitalista que se aproveitaron para atacar a sanidade pública; deteriorar os servizos públicos e o ensino; favorecer as privatizacións e recortar as liberdades, ao tempo que se reforzaba a españolización da nosa nación, con constantes ataques a nosa lingua e os nosos dereitos como pobo.

Dez anos de emigración da mocidade, de expropiación do noso aforro, de roubo dos nosos recursos naturais, de espolio da nosa enerxía. Un período que arrasou cos nosos sectores produtivos provocando unha maior ruína do agro, o colapso do sector lácteo, a desindustrialización do país e unha situación crítica, entre outros, no sector pesqueiro.

Non nos resignamos

Pero a CIG non está disposta a resignarse. No decurso deste ano a central sindical mesmo convocou unha folga xeral para o 19 de xuño como a moción de censura da clase traballadora galega, a que outros non facían, fronte esta situación de emerxencia nacional, laboral, social, política e institucional.

Unha folga xeral para conseguir a recuperación dos dereitos laborais e sociais roubados so pretexto da crise e para demandar a fin dun goberno do PP que, en minoría parlamentar e cheo de corrupción, actuaba con total impunidade.

A aprobación da moción de censura, á que a CIG ten contribuído coa nosa loita, foi un primeiro paso que confirmou que a análise da central sindical era axeitada. Porén a CIG é consciente de que o PSOE é responsábel e causante de moitas das reformas que padecemos, que xunto as que aplicou duramente o PP estes anos deron nunha realidade na que ter un traballo ou unha pensión non garante vivir en condicións dignas.

Desde a CIG apostamos duro e con valentía por cambiar esta situación, con toda a nosa capacidade de acción, pasando á ofensiva coa disposición de impedir que nos rouben tamén o dereito a loitar pola mellora das nosas condicións de vida e por un futuro digno.

Con ese convencemento e coa mesma responsabilidade coa que se convocou esa folga xeral a central sindical acordou a súa suspensión ante o cambio de goberno e mantivo para esa data unha xornada nacional de mobilizacións entendendo que “Xa é hora de recuperar os nosos dereitos”.

Unha mobilización á que se chegou logo dunha intensa campaña de loitas sostidas no tempo para denunciar que a suposta recuperación económica só chegou para as grandes corporacións económicas e financeiras, que viron incrementados os seus beneficios mentres se afogaba ás clases populares.

Mobilización social

Mais este tamén foi o ano da revolta das mulleres, as cales participaron no Paro Internacional de Mulleres do pasado 8 de marzo, deixando baleiros os seus centros de traballo durante as quendas da folga, e desbordando as prazas de todas as cidades e vilas galegas en demanda de igualdade de oportunidades nas condicións de traballo, na esfera social e o dereito a vivir sen violencia. Unha masiva mobilización na que a central sindical sumou as súas forzas ao movemento feminista galego.

Un ano no que o colectivo de xubilados/as e pensionistas se alzou contra os ataques ao sistema público de pensións e contra o seu desmantelamento para introducir plans privados destinados a enriquecer á banca e ás grandes empresas e en demanda da derrogación das reformas de PP e PSOE que dificultaron o acceso ás pensións, empobreceron aínda máis as cativas pensións galegas e atrasaron a idade de xubilación.

Desde a CIG confiamos na inmensa forza da mobilización, da que estas, son só algúns dos exemplos das que se produciron ao longo deste ano para avanzar na conquista dos dereitos.

Por iso a central sindical fai un chamamento a participar este 25 de xullo nos actos do Día da Patria Galega co convencemento de que é imprescindíbel termos soberanía para unha mellor defensa dos nosos sectores produtivos básicos e da nosa industria, modernizar as nosas infraestruturas e servizos sociais, levar adiante unha política propia de creación de emprego, para potenciar unha economía autocentrada ao servizo do pobo e avanzar na recuperación e consecución de dereitos para as galegas e galegos.

A soberanía é a ferramenta, a clase traballadora a protagonista.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 


Otros articulos relacionados.....