Información
Agenda de Galicia

XXX Tríatlon do Miño

Información
Localidades de Galicia 15 Julio 2018 1274 votos
O Tríatlon do Miño cumpre 30 anos, sendo a proba desta disciplina máis consolidada de Galicia

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, e o Deputado de Deportes, Pablo Rivera, xunto ao representante da Asociación Deportiva Fefeme, organizadora do evento, José Ángel Fernández; presentaron este xoves, na Sala de Usos Múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, o XXX Tríatlon do Miño, que se disputará este domingo, 15 de xullo, na contorna do río, agardando a participación dunhas 200 persoas deportistas.

 

No acto, Abelleira e Rivera amosáronse encantados de colaborar, un ano máis, con esa proba, moi arraigada no calendario de citas deportivas da cidade e sendo a proba desta disciplina máis consolidada de Galicia. Así mesmo, enxalzaron a práctica do tríatlon, deporte afianzado e de pódium en Galicia, destacando nos últimos anos no Campionato de España o club Cidade de Lugo. Para rematar convidaron a toda a cidadanía a achegarse á beira do Miño a disfrutar da vistosidade desta proba.

Pola súa banda, Otero e Fernández explicaron, polo miúdo o rutómetro e horario das probas, que é o seguinte:

09:50 horas.- Saída nada e corre benxamín , alevín e infantil non competitivo

10:00 horas.- Proba popular. A saída será no río Miño, nas instalacións da área recreativa Los Robles

11:00 horas.- Saída proba masculina sen corte

12:20 horas.- Saída proba masculina con corte

12:30 horas.- Saída proba feminina

14:00 horas.- Remate das probas

A proba do nada e corre non competitivo será dentro das instalacións da área recreativa e a proba poopular consistirá en 300 metros de natación, 13 quilómetros de ciclismo e 2,5 quilómetros de carreira a pé.

Esta edición conta cun total de 1.200 euros en premios para repartir entre os competidores masculinos e femininos.

Cortes de tráfico

Con motivo desta proba deportiva, haberá cortes de tráfico en Estrada de Ombreiro (tramo comprendido entre a Estación Elevadora de Augas e a Avenida dos Deportes), Avenida dos Deportes (sentido de baixada dende o acceso ao parking do Carrefour a Fábrica da Luz), Paseo Palestina, Avenida Fábrica da Luz e inmediacións da área recreativa dos Robles.

Nos puntos de corte, ademais da sinalización oportuna, haberá presencia de Policía Local, Protección Civil e persoal da organización do evento deportivo, que orientarán ás persoas condutoras dos itinerarios a seguir.