Información
Agenda de Galicia

Queremos Galego Marín premia os Saljariteiros e a Raul Pesqueira Fariña cos Premios Lingua de Ouro 2018

Información
Localidades de Galicia 28 Junio 2018 1960 Votos

A Asociación Queremos Galego Marín entregará os Premios Lingua deste ano nun acto o venres, 6 de xullo, a partir das 21h no bar Lorenzo (Taberna da Potona) localizado na rúa Sagrada Familia nº5 de Cantodarea.

 

Con eles, a asociación quere recoñecer publicamente o labor daquelas persoas e colectivos que contribúen á normalización, dignificación e valorización da nosa lingua, cultura e medio. Por outra banda, pretende concienciar os premiados co Premio Lingua de Trapo dos dereitos lingüísticos das persoas galegofalantes, da importancia da nosa lingua e da seriedade do seu estado de saúde.

Como en anos anteriores foron varios os nomes de persoas e colectivos que saíron á palestra para recibir o premio, mais finalmente os membros da asociación decidiron concederlle este 2018 os seus premios a:

  • ·         Premio Lingua de Ouro na categoría individual para Raúl Pesqueira Fariña, artesán de xoiaría marinense que, continuando unha longa tradición familiar, rexenta o seu propio taller de xoiaría en Marín. Raul Pesqueira inspírase nos motivos patrimoniais de Marín para crear diferentes tipos de alfaias cos que promocionar e descubrirlle á xente o noso patrimonio. Alén disto, este xoieiro atende, realiza toda a comunicación, difusión, promoción e documentación do seu taller en lingua galega.
  • ·         Premio Lingua de Ouro na categoría de colectivos para Os Saljariteiros de Marín. Concedémoslles este premio por faceren da música tradicional a súa razón de ser, contribuíndo de xeito importante á normalización da nosa lingua e á preservación e recuperación de tradicións musicais como os cantos de taberna, seráns, cantos de reis e outras manifestacións culturais que cómpre preservar para o futuro.
  • ·         Premio Lingua de Trapo para o concelleiro de rural Pablo Novas Caballero por mal entender como parte das súas funcións públicas de representación institucional e tarefas políticas, a recollida “a eito” da toponimia e microtoponomia, de xeito totalmente acientífico, sen contrastar e sen asesoramento técnico lingüístico.

A Asociación Queremos Galego Marín reclama neste senso, como xa o fixo noutras ocasións, a contratación dun servizo de normalización lingüística que poña os piares para mellorar a situación e uso do galego en Marín, e que se ocupe, coordine e dirixa tarefas como a da recollida da toponimia e a microtoponimia con criterios lingüísticos contrastábeis.

Durante o acto de entrega dos premios, a Asociación Queremos Galego Marín tamén realizará unha pequena homenaxe póstuma á marinense Concepción Sanjorge Couso,  Concha “Cara Lavada”, falecida en abril deste ano.

Neste acto, no que colabora o Concello de Marín, as persoas e colectivos premiados recollerán unha figura realizada polo taller de cerámica marinense Alén das Olas.

 


Mar Sanchez Sierra, asesora personal de Feijóo aparece relacionada con turbios negocios relacionados con fallecidos y incendios forestales que califican ellos mismos de terrorismo incendiario

marsanchezsierra secretariademediosentramdopiramipdal 29 7 2018La asesora personal de Feijóo  monto o financió "una estructura de colaboración estable de fondos públicos con miembros del PP" familiares del brigadista fallecido en Fornelos de Montes que alcanza a un turbio negocio de los incendios forestales en la Xunta de Galicia y Rosa Quintana.

Xornal Galicia presenta denuncia en la Comisaría de Policía contra María del Mar Sánchez Sierra “Secretaria de Medios y Asesora de Feijóo” por el uso de fondos públicos para financiar plagios y derechos intelectuales de medios de comunicación. (+)

La Secretaria de Medios de la Xunta nombrada por Feijóo, Mar Sanchez Sierra alimenta un "entramado de empresas piramidal" de miembros del PPdeG con fondos públicos de la Xunta de Galicia bajo convenios y adjudicaciones a dedo con Adelaida Dominguez socia y administradora única de varias sociedades de una red de empresas para acceder a contrataciones públicas en la Xunta de Galicia y instituciones donde gobierna el PPdeG. En paralelo los fallecidos en Fornelos de Montes y incendios forestales dejan al descubierto un "negocio de fondos públcios" de inmensas y gigantescas proporciones, donde lo único que cuenta es el dinero público a manos llenas a través de fundaciones, Cetal, Seaga, Fremss, venta de helicópteros, campañas a medios de comuniación de prevención de incendios, manipulación informativa..Brigas Aerotransportadas, etc ....(+).

2. La asesora de Feijoo María del Mar Sanchez financia la venta de ropa laboral y calzado, ropa de policía, cursos de policía, páginas web a gobiernos del PPdeG ...
3. La administradora de varias empresas y convenios con la asesora de Feijóo, Mar Sanchez Sierra solicitó viviendas de protección oficial en varios puntos de Pontevedra. ...
4. Una asesora de Feijóo facturó irregularmente más de 400.000 euros  ... 5. https://www.google.es/search?q=corrupción+informativa+xunta+galicia....(+)

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi