Información
Agenda de Galicia

O alcalde anima a participar o 30 de xuño no festival do Máis que Auga de Navia en favor de Bicos de Papel

Información
Localidades de Galicia 28 Junio 2018 1703 votos

Abel Caballero eloxiou a posta en marcha de FestiMáis, unha iniciativa deportiva e de ocio organizada para recadar fondos para Bicos de Papel. As instalacións do Máis que Auga de Navia acollerán o sábado 30 de xuño todo tipo de actividades lúdicas e deportivas e o 100% da recadación solidaria será para esta asociación de pacientes oncolóxicos.

Un gran festival deportivo, FestiMáis, se celebrará o día 30 de xuño no Máis que Auga Navia para recadar fondos e apoiar as actividades da asociación oncolóxica infantil Bicos de Papel. Os exteriores da instalación converteranse entre ás 9,00 e ás 21,00 h nun parque de actividades para toda a familia. O custe de inscrición para as actividades deportivas previstas é de 2 euros para socios de Máis que Auga e de 4 euros para o resto dos participantes.

Está previsto tamén o acceso para aqueles que só queren participar nas actividades de ocio para os máis pequenos, cunha inscrición de 2,5€. E durante a semana hai unha fila cero solidaria para os usuarios que queiran facer metros solidarios na piscinas ou na sala fitness dos centros Máis que Auga. O 100% da recadación solidaria será para asociación de pacientes oncolóxicos infantís Bicos de papel á que se lle fará entrega do correspondente cheque no transcurso da festa.



Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi