Información
Agenda de Galicia

As 4.000 entradas para o concerto de OT en Castrelos esgotáronse na mañá que foron postas á venda

Información
Localidades de Galicia 23 Junio 2018 1721 votos

O alcalde avanzou esta mañá que as 4.000 entradas postas a venda esta mañá para o concerto de OT esgotáronse "nun suspiro". En rolda de prensa o rexedor reiterou a posibilidade de que miles de persoas gocen da actuación gratuitamente desde o anfiteatro de Castrelos.



Esta mesma mañá de venres esgotáronse as 4.000 as entradas para o concerto de OT que se puxeron á venda ás 10,00 h. "Duraron un suspiro", explicou o rexedor ao tempo que lembrou as miles de persoas que poderán ver o concerto no anfiteatro de Castrelos de xeito gratuíto. O venres 10 de agosto, ás 22,30 h, actuarán, nun concerto exclusivo para Vigo: Aitana, Ana Guerra, Cepeda, Miriam e Roi, ex concursantes de Operación Triunfo.

Logo de referise a outros espectáculos como o o de Maná ou o de Raphael, o rexedor subliñou que Vigo 2018 contará este ano cos "mellores concertos da historia da cidade e os mellores que houbo nunca en Galicia" puntualizando, ademais, que son gratis para todos os cidadáns



Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi