Información
Agenda de Galicia

Lugo acolle por 1ª vez un Campionato Galego de piragüismo alevín e benxamín

Información
Localidades de Galicia 22 Junio 2018 1600 Votos
Concello e Deputación fan posible que Lugo acolla por 1ª vez un Campionato Galego de piragüismo alevín e benxamín

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández e o Deputado de Deportes, Pablo Rivera, xunto ao Presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea, o Delegado da FEGAPI en Lugo, Martín Carballo, e a Presidenta do Club Cidade de Lugo, Sabela Castro, acompañados doutras autoridades, presentaron este xoves, nos xardíns do Pazo de San Marcos, o Campionato Galego de piragüismo alevín e benxamín, que terá lugar o vindeiro domingo 24 de xuño, a partir das 11:00 horas na Escola Provincial, situada no entorno dos Robles, na capital luguesa.

O Goberno do Concello e a Deputación colaboran na organización desta cita, facendo posible que a provincia de Lugo acolla por primeira vez un campionato de ámbito autonómico alevín e benxamín, no que participarán preto de 400 padexeiros chegados das catro provincias galegas. En concreto, estarán representados 31 clubs de toda a comunidade, que se desprazarán a Lugo, na maioría dos casos xa o día previo, o que suporá un retorno económico para a cidade próximo aos 100.000 euros.

Miguel Fernández e Pablo Rivera coincidiron en subliñar "a aposta polo deporte da piragua, grazas á que Lugo volverá ter o protagonismo que lle corresponde pola tradición coa que conta esta modalidade no territorio lugués, avalada por dous medallistas olímpicos e 418 padexeiros federados. O feito de que a Federación elixira Lugo como sede para a organización dun campionato deste nivel, tamén é un premio ao esforzo e traballo conxunto que estamos a facer".

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi