Información

Esta fin de semana acontecerá a terceira e última xornada do Campionato Nacional de Liga tanto en Honra como en Primeira División na que se atopan varios equipos galegos en situacións ben diversas.

Información
XornalGalicia 21 Junio 2018 772 Votos Sección ; Localidades de Galicia

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

En Honra masculina, e logo do magnífico último encontro realizado pola Gimnástica de Pontevedra en Soria na que acadaría no terceiro posto, os pontevedreses viaxan a Elche co firme propósito de non pasar excesivos problemas e disfrutar dunha última xornada festiva que os apuntale un ano máis na máxima categoría.

 

Algo máis axustado, estarán as ferrolanas do RÍA Ferrol cuxa clasificación actual sitúannas no posto 14º e na que as súas opcións pasan por gañar en Valladolid precisamente as anfitrionas así como ó Bidezabal, ou ó Tenerife, equipos accesibles para o experimentado conxunto de Ferrol.

Xa na primeira división e logo do bo comportamento dos equipos celestes tanto en homes como en mulleres, toca competir no octagonal polo ascenso.

O equipo masculino, que parte en Salamanca de oitavo, sairá a competir e disfrutar sabedores de que un ano máis estarán na Primeira División. Ata Alcorcón acudirá o Atletismo Femenino Celta, nun encontro no que lles  beneficia o sistema de “atleta por proba” o que fai acadar certas posibilidades ás olívicas nun octagonal no que parten de quintas.

Atletismo Narón que viaxa a Madrid, será o que tal vez teña unha papeleta máis complicada, xa que a súa 13ª posición obligaralles a pelexar de arreo para manter a categoría na Primeira División masculina. O MoratalazCorrer el Garbi e o Lleida serán os rivais cos quen deban enfrontarse os naroneses directamente.

Por último os tres puntos do equipo femenino da Gimnástica de Pontevedra que compite en Valencia, fan que encaren o último encontro con certas garantías xa que son catro as formacións  que se atopan detrás das azulonas. Sabadell e Tenerife serán os rivais a batir de maneira directa para evitar sorpresas.

Por último, na fase de ascenso a Primeira Divisón está inmerso o equipo masculino do Club Atletismo Santiago quen terá que viaxar ata a cidade do Pisuerga. A esta importante cita acuden os santigueses conscientes das posibilidades que teñen co firme propósito de pelexar todos e cada un dos puntos que lles permita ocupar un deses dous primeiros postos que dan ascenso directo rumbo a Primeira División.

Liga de Clubs

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi