Información
Agenda de Galicia

I Fórum do Río Miño a estratexia de cooperación do territorio transfronteirizo ata o 2030

Información
Localidades de Galicia 21 Junio 2018 1236 Votos

O I Fórum do Río Miño Transfronteirizo, que se celebrará este xoves 21 na , na Escola Superior de Ciências Empresariais-IPVC en Valença (Portugal) e no que se darán cita preto dun centenar de axentes locais, sentará as bases da 'Estratexia 2030', que marcará as liñas de actuación en materia de cooperación para o territorio durante a próxima década. A gobernanza, a mobilidade, o turismo, os sectores produtivos, a cultura e comercio tradicional serán os temas centrais que se tratarán no encontro que comezará, ás 9:30 horas portuguesas e rematará ás 13:30, con un brunch - networking.

A elaboración desta 'Estratexia 2030' comezou hai meses cun traballo previo de análise e diagnose realizado por unha equipa científica composta por expertos e expertas en economía, xeografía, turismo ou socioloxía. A partir destas primeiras pesquisas elaborouse  un documento de base que será o que se someta a discusión cos axentes sociais neste encontro. "O Fórum é primeira oportunidade para debatir sobre as primeiras conclusións", explicou o director da Fundación Centro de Estudos Euro Rexionais, (FCEER), Valerià Paül Carril, "un proceso estratéxico non pode existir sen participación cidadá e esperamos que haxa moito retorno por parte da sociedade civil para matizar, enriquecer, contrastar e mesmo contradicir o que está explicado neste documento base do que partimos".

Até o de agora existían datos e estudos sobre cada unha das marxes do río pero esta será a primeira vez que se realice un estudo profundo entendendo o Miño como a columna vertebral do territorio. "A elaboración dunha estratexia común é fundamental para poder sustentar calquera acción futura, sobre todo coa mirada posta no horizonte 2020 - 2030 e en Bruxelas, posto que será imprescindible contar con este documento previo para poder optar a diferentes tipos de axudas europeas".

As inscricións no Fórum pódense realizar a través da páxina web www.smartminho.eu ata o día 21 de xuño.

Smart Minho está cofinanciado ao 75 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 e conta cun orzamento total de 942.022,47 euros.

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi