Información
Agenda de Galicia

Mulleres Atlânticas. Unha comunidade que nace co obxectivo de converterse nun punto de encontro entre mulleres de Galicia y Portugal.

Información
Localidades de Galicia 14 Junio 2018 1756 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Mulleres Atlânticas, a comunidade de emprendedoras que une a mulleres galegas e portuguesas con sal nas veas.

Como consecuencia da gran mobilización feminista do 8 de marzo, e tras detectar que Galicia é a comunidade coa maior porcentaxe de mulleres autónomas de España, o 1 de xuño de 2018 naceu unha nova comunidade de mulleres emprendedoras en Galicia. Unha comunidade que une e promove as sinerxías e a xeración de negocio entre mulleres galegas e portuguesas: Mulleres Atlânticas.

 

Promovida por un grupo de 3 emprendedoras de diversos puntos da comunidade autónoma (Ourense, Vigo, A Coruña), a iniciativa Mulleres Atlânticas ten como obxectivos principais empoderar e visibilizar ás mulleres emprendedoras galegas e portuguesas, destacando a calidade dos seus produtos e marcas, e poñendo en valor o talento feminino presente no noroeste da Península Ibérica.

As actividades principais da comunidade centraranse no desenvolvemento e creación de eventos de conexión onde compartir, aprender e dar visibilidade aos proxectos emprendedores levados a cabo por mulleres galegas e portuguesas. Proba delo será o evento de presentación que terá lugar o vindeiro mércores 20 de xuño no Museo do Mar de Galicia, en Vigo; en horario de 17:00h a 18:30. Un evento gratuíto ao que está convidada calquera emprendedora que se sinta #atlântica.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...