Información
Agenda de Galicia

Esquerda Unida súmase e chama a participar nas concentracións convocadas por SOS Sanidade Pública para hoxe 13 de xuño

Información
Localidades de Galicia 13 Junio 2018 1119 votos

Esquerda Unida súmase e fai un chamamento á participación nas diferentes concentracións convocadas pola Plataforma SOS Sanidade Pública que terán lugar hoxe, mércores 13 de xuño, a prol da defensa da nosa sanidade contra o saqueo e casos continuos de privatización postos en marcha polo goberno corrupto do PP.

 

Dende Esquerda Unida denunciamos en reiteradas ocasións que a privatización dos servizos públicos por parte do PP só prexudica ao interese xeral e beneficia ao lucro das empresas privadas. Exemplos deste desmantelamento constante os atopamos diariamente en novas que asumen que o sistema sanitario camiña nunha senda de privatización. Por iso, facemos un chamamento á cidadanía coa fin de frear o desmantelamento da nosa sanidade pública e a favor dun sistema sanitario público, universal, gratuíto e de calidade.

Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida, estará na seguinte localización:

 

 

Eva Solla participa na concentración de SOS Sanidade Pública en Vigo

 

 

EVA SOLLA, coordinadora nacional de Esquerda Unida e deputada de En Marea.

 

Lugar: Fronte ao Marco (Rúa Príncipe).

Hora: 20 h.

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi