Información
Agenda de Galicia

Comeza a andar a escola municipal de salvamento acuático e segue aberta a inscrición para as de remo e piragüismo

Información
Localidades de Galicia 11 Junio 2018 1252 votos
A Fundación Municipal de Deportes pon en marcha esta tarde a Escola de Salvamento Acuático, unha actividade que se crea este ano e que completa a oferta formativa de deportes para a temporada de verán. A iniciativa desenvolverase na praia do Preguntoiro e será impartida polo Club Salvamento Vilagarcía.
07.06.2018.- A Fundación informa ademais de que aínda hai prazas dispoñibles para anotarse nas outras dúas escolas municipais que se organizarán este verán. Son as das especialidades de remo e de piragüismo e desenvolveranse en xuño e agosto baixo. Como no caso anterior, a xestión das escolas é indirecta, para o cal a Fundación asinou convenios cos clubs locais de piragüismo e de remo.

Por outro lado, Hoxe abriuse o prazo de inscrición na Escola Multideportiva de Verán para nenos e nenas nados entre os anos 2004 e 2011 (ambos inclusive). Esta escola inclúe dúas actividades a multideportiva e a de patinaxe en liña, podende anotarse ás dúas ou só a unha polo mesmo prezo. A escola multideportiva levarase a cabo na praia Concha-Compostela, dous días á semana, de luns a venres, en horario de mañá (1 h 30m cada día), e a de Patiñaxe en liña no Recinto Multiusos Fexdega, un día á semana, de luns a venres, en horario de mañá (1 h 30m cada día). As actividades levaranse a cabo os meses de xullo e agosto. A cota por un mes é de 12 euros e polos dous meses de 18.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 


Otros articulos relacionados.....