Información
Agenda de Galicia

A Mesa pola Blindaxe das Pensións (MERP) reúnese coas Defensorías do Pobo autonómicas

Información
Localidades de Galicia 06 Junio 2018 1296 votos

A Mesa Estatal pola Blindaxe das Pensións (MERP), reúnese entre este mércores 6 de xuño e o venres 8 de xuño, coas diferentes Defensorías do Pobo autonómicas. 


A MERP leva adiante unha campaña para recoller dous millóns de firmas para blindar as pensións na Constitución, que lle entregou ata agora ao Defensor do Pobo, pero tamén á Valedora do Pobo, ao Ararteko, ao Xustiza, ao Procurador e ao Deputado do Común, ao Síndic de Greuges de Cataluña e da Comunidade Valenciana, e ao Defensor do Pobo de Navarra e ao de Andalucía. 


Na última reunión que a plataforma mantivo, o Defensor do Pobo de Navarra trasladou a petición do respaldo á blindaxe constitucional das pensións ao Parlamento de Navarra, que tras varias reunións dos grupos parlamentarios con representantes da MERP, aprobouno por maioría de prácticamente todos os grupos. Así, o Parlamento de Navarra converteuse no primeiro parlamento autonómico en apoiar oficialmente a proposta de reforma constitucional para blindar as pensións na Carta Magna, na forma e fondo que defende a MERP, “prohibindo explícitamente a privatización, total ou parcial, do sistema público de pensións, e a perda de poder adquisitivo”. 


A MERP busca deste xeito, converter as pensións públicas nun dereito fundamental incluído no capítulo de Dereitos Fundamentais, e non un dereito orientativo ou unha expectativa de dereito como son actualmente.


Nas reunións, os representantes da MERP pediranlles ás Defensorías que trasladen esta petición aos parlamentos autonómicos, tal e como fixo o Defensor do Pobo de Navarra, así como ao Pacto de Toledo, para que na súa nova etapa, reciba á plataforma para coñecer unha proposta que cada vez defenden máis sectores da sociedade como unha alternativa e unha solución estructural ao problema das pensións.


Reunións:

ARATEKO: Mércores 6 de xuño ás 11h (Vitoria)

O XUSTIZA: Mércores 6 de xuño ás 11h (Zaragoza)

SÍNDIC DE GREUGES: Mércores 6 de xuño ás 11 (Alacante)

DEPUTADO DO COMÚN: Mércores 6 de xuño ás 11h (As Palmas)

A VALEDORA DO POBO: Xoves 7 de xuño ás 11h (Santiago de Compostela)

PROCURADOR DO COMÚN: Xoves 7 de xuño ás 10:30h (León)

SÍNDIC DE GREUGES: Xoves 7 de xuño ás 11h (Barcelona)

DEFENSOR DO POBO DE ANDALUCÍA: Venres 8 de xuño ás 10:30h (Sevilla)

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 

Otros articulos relacionados.....