Información
Agenda de Galicia

O 6º Festival de Patinaxe Artística da Escola Lubiáns reúne no noso concello a 200 deportistas da provincia

Información
Localidades de Galicia 01 Junio 2018 516 votos

A patinaxe artística é un deporte en alza, como demostra o feito de que Escola Lubiáns teña este ano case o dobre de patinadoras que o anterior. No club carballés hai nestes momentos 42 nenas de idades comprendidas entre os 4 e os 13 anos, “e medrando”, aseguran o vicepresidente da entidade, Juan Carlos Rey, e a vocal Beatriz Gracia. Hoxe, acompañados polo alcalde, Evencio Ferrero, e polo concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, presentaron o programa do 6º Festival de Patinaxe Artística, unha festa de fin de curso que nos permitirá ver a esas 42 nenas na pista, xunto con moitas outras, e tamén nenos, doutros catro clubs da provincia.

 

Xunto a Escola Lubiáns, Inercia (Ferrol), CEIP A Cristina (Carballo), Castelao (Ordes) e Conxuro (A Laracha), reunirán o sábado 2, a partir das 16.00 horas, a un total de 200 patinador@s no pavillón Carballo Calero. O vicepresidente de Escola Lubiáns agradeceu a colaboración do Concello de Carballo no desenvolvemento desta actividade, que ten como obxectivo visibilizar “e dar a coñecer a patinaxe”, sinalou.

O alcalde apuntou que o crecemento que está a experimentar a patinaxe é sintomático da situación do deporte no noso concello. “Afortunadamente –dixo- o deporte seguiu medrando incluso durante a crise. Iso é bo, pero tamén crea novas necesidades. Por iso o Concello foi ampliando as instalacións, sobre todo nos centros educativos, e iso tamén nos permite soportar a altísima demanda que ten o deporte en Carballo”. Evencio Ferrero destacou o papel que xogan as familias na promoción do deporte e manifestou o seu desexo de que a patinaxe continúe indo a máis.

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi