Información
Agenda de Galicia

AGARDAN ESTA FIN DE SEMANA A ITH CO SEU NOVO DISCO

Información
Localidades de Galicia 17 Mayo 2018 670 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Fotograma 3 ITHA Sala Doppler na cidade olívica e o Pub Gatos de Melide serán os lugares escollidos para as vindeiras actuacións da banda galega

 

Xanceda (Mesía – A Coruña), 17 de maio de 2018.- Esta fin de semana a Ith agárdanlle quilómetros de estrada por percorrer para a presentación do seu novo álbum “O mínimo que o contén todo”. O venres 18 de maio a banda estará na Sala Doppler de Vigo amosando o seu brutal directo a partires das 22:00h. E o sábado será o Pub Gatos de Melide o lugar que acollerá a súa música ao redor das 00:00h.

Ith superou xa a metade da xira-presentación do seu novo traballo discográfico que levou á banda, polo de agora, ata Lalín, Carral, Guitiriz, Ourense, Vilar de Santos, Moaña, Betanzos, O Barco de Valdeorras, a Illa De Arousa ou á Coruña. Pero a Ith aínda lle quedan por diante semanas de percorrido por media xeografía galega coa súa música como Lugo, Santiago de Compostela, A Estrada ou Ferrol, entre outros.

Todas as datas actualizadas desta xira poden ser consultadas nas redes sociais da banda, onde tamén se pode contactar con Ith, pois aínda ten aberta a súa contratación.

 “O mínimo que o contén todo” é o título da última canción que recolle o novo álbum de Ith e que á súa vez dá nome a este traballo que a banda vén de gravar e producir en Abrigueiro Estudios de Friol (Lugo), da man de Arturo Vaquero. O disco está formado por un total de seis temas de composición propia, así como por un poema musicado do poeta samanense Fiz Vergara Vilariño. O contido intimista, emotivo e tamén reivindicativo deste disco marcan moito o devir musical deste grupo de Xanceda (Mesía), que segue mantendo o seu principio de facer rock galego e en galego.

O disco xa se atopa á venda na Fnac e no Corte Inglés, e tamén pode conseguirse contactando directamente con Ith.

Vídeo promocional: https://youtu.be/VC8EcFljLhw">https://youtu.be/VC8EcFljLhw

Videoclip: https://youtu.be/clT_5Blg8nY">https://youtu.be/clT_5Blg8nY

*Achegamos o programa actual coas próximas actuacións da xira-presentación do novo disco.

                  

 Datas de Presentación

18 Maio: Sala Doppler (Vigo, 22:00h).

19 Maio: Sala Gatos (Melide, 23:30h.)

26 Maio: O Vello Cárcere (Lugo, 18h.)

26 Maio: Sala Clavicémbalo (Lugo, 23:30h.)

02 Xuño: Gentalha do Pichel (Santiago de Compostela, 22:30h.)

23 Xuño: Festival O Areal de Berres (A Estrada.)

10 Xullo: Festival Ciclo do dia da Patria Galega (Fene, ás 22:00h.)

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...