Información

Patrimonio Cultural do Courel’ que se levará a cabo durante os días 8, 9 e 10 de xuño na localidade lucense de Seoane do Courel

Información
XornalGalicia 15 Mayo 2018 334 Votos Sección ; Localidades de Galicia

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 


Vista da Estación Científica do Courel

A Estación Científica do Courel, centro de investigación do Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela, organiza o Seminario ‘ Patrimonio Cultural do Courel’ que se levará a cabo durante os días 8, 9 e 10 de xuño na localidade lucense de Seoane do Courel e nos principais lugares de valor etnográfico, arqueolóxico e histórico da comarca para divulgar os valores e datos dispoñibles sobre o patrimonio inmaterial, arqueolóxico e histórico neste ano 2018 no que se conmemora o Ano Europeo do Patrimonio Cultural .

 

 

Este seminario que conta co recoñecemento do Ministerio de Cultura como actividade que contribúe á consecución dos obxectivos do Ano Europeo do Patrimonio Cultural, será de balde para os dez primeiros veciños/as inscritos/as. Os e as interesadas poden obter máis información no enderezo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

 

Durante tres días haberá sesións teóricas matutinas na Estación Científica do Courel e sesións prácticas en quenda de tarde. Así, o 8 de xuño, a partir das 17.00h, en Paderne do Courel, poñerase sobre o escenario un recital poético con poetas e poemas da Serra; unha lectura de textos courelaos; unha mostra de aparellos e trebellos cotiás, unha exposición audiovisual sobre O Courel e unha representación do baile e músicas tradicionais que incluirá música dos “Padernes”. Para finalizar haberá unha degustación de produtos gastronómicos do Courel e zonas limítrofes coa participación de tódolos veciños do pobo. O día 9 de xuño levarase a cabo unha visita guiada ao Ben de Interese Cultural Castelo do Carbedo, aos elementos arqueolóxicos do Monte Cido e á Ferrería monumental de Seoane do Courel.

 

Nas sesións teóricas, o primeiro día estará dedicado ao patrimonio inmaterial tomando parte o xerente da Fundación Uxío Novoneyra, Uxío Novo; o Premio Nacional de Literatura e autor entre outros de ‘O Escano baleiro’ centrado no Courel Xulio L. Valcárcel; o Director da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense e creador da festa de interese turístico galego “Filandón de músicas do Courel” Xosé Lois Foxo; xunto con tres destacados estudosos do Courel que falarán sobre as súas materias de especialidade, tal é o caso de Miguelanxo Lar, director de cine ; Xesús Alfonso Parada, traballador social que nos explicará usos e costumes do Courel; e María Moure, farmacéutica, que tratará o aproveitamento das plantas medicinais na Serra.

 

O segundo día estará dedicado ao patrimonio arqueolóxico e comezará coa participación da arqueóloga Begoña González Aguiar, que tratará sobre as representacións artísticas paleolíticas por medio de petroglifos. A continuación, o Catedrático Francisco Calo falaranos sobre os Castros do Courel, antecedendo na secuencia lóxica de evolución temporal a Francisco Javer Sánchez-Palencia, arqueólogo que codirixiu as escavacións que se levaron a cabo no Courel nos anos 70 do século pasado. Tras unha pausa Enrique Alcorta explicará a importancia e connotacións de dúas pezas destacadas que procedentes do Courel atópanse no Museo Arqueolóxico Provincial de Lugo: A Tésara de Hospitalidade e unha Aguia de bronce de época romana. O arquitecto Xosé Allegue explicará as técnicas constructivas das vivendas e construcións courelás dentro do seu hábitat e o erudito e autor de libros na materia, Clodio González, falará sobre as Ferreirías do Courel.

 

A derradeira xornada estará dedicada ao patrimonio histórico e comezará cunha exhortación sobre a importancia dos arquivos históricos como fonte de coñecemento e como materiais importantes en si mesmos a cargo do Historiador Óscar Penín. Logo, o cura párroco do Courel e Licenciado en dereito Jesús Río describirá as igrexas courelás como elementos patrimoniais e o Catedrático, académico e escritor Pegerto Saavedra centrará a atención nun elemento de importancia histórica socioeconómica: as feiras. A xornada rematará cunha presentación inédita de Artemio Martínez, un dos comisarios da exitosa exposición In Tempore Sueborum, sobre o proceso de cristianización do Courel. Como colofón, administracións, institucións e participantes debaterán sobre a importancia de coñecer, conservar e divulgar o patrimonio cultural do Courel.

Otros articulos relacionados.....