Información

Últimos días de inscrición para vivir a próxima fin de semana a experiencia do Marisqueo nas Rías Baixas coas rutas gratuítas da Deputación

Información
XornalGalicia 15 Mayo 2018 324 Votos Sección ; Localidades de Galicia

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
Rutas de marisqueo grautitas organizadas pola Deputación de Pontevedra

A próxima fin de semana, 19 e 20 de maio, terán lugar no Carril (Vilagarcía de Arousa) as últimas dúas rutas gratuítas de Marisqueo nas Rías Baixas, unha actividade organizada pola Deputación de Pontevedra para coñecer de primeira man o oficio do marisqueo a pé e sensibilizar sobre a importancia do coidado das rías para garantir a sustentabilidade da provincia.

 

As persoas interesadas en participar nestas rutas poderán formalizar a súa inscrición ata o vindeiro 16 de maio a través do correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.. As prazas están limitadas a 25 persoas (maiores de 12 anos) por día e cubriranse atendendo á orde de inscrición na actividade.

O obxectivo destas novidosas rutas da Deputación é amosar a experiencia do marisqueo a pé á poboación da provincia, ofrecéndolles unha actividade na que poderán levar a cabo un obradoiro práctico nas augas da ría, co apoio da asociación de mariscadoras AmarCarril, e na que recibirán formación sobre este oficio e a súa historia.

O punto de encontro para o inicio das rutas será, tanto o sábado coma o domingo, o miradoiro Alto da Rosa (PO-548) 102 do Carril, en Vilagarcía de Arousa, ás 11.30 horas. As persoas que formalizasen a súa asistencia e que vaian participar na actividade deberán levar calzado axeitado para a parte do obradoiro que se levará a cabo na auga (o resto do material necesario será facilitado pola organización).

Esta actividade de turismo sustentable está deseñada para transmitir a historia do marisqueo galego ás novas xeracións e inculcar na sociedade un crecente respecto e consideración pola profesión, como garantía para concienciar sobre os problemas que afectan o marisqueo a pé en Galicia: a consideración social, a substitución xeracional, o furtivismo e a contaminación. " A experiencia Marisqueo nas Rías Baixas combina a vertente turística coa ambiental, sensibilizando deste xeito á poboación local sobre a conservación e posta en valor dos nosos activos turísticos e das nosas rías como un recurso cun enorme potencial, que debe ser optimizado de xeito sustentable.

As primeiras rutas, que se realizaron na última fin de semana de abril, foron todo un éxito e tiveron unha gran afluencia. As persoas participantes puideron coñecer o traballo das mariscadoras do Carril e entender o valor desta profesión para a economía da provincia de Pontevedra.

Otros articulos relacionados.....