Información

CCOO e UGT mobilizanse de novo en defensa do Sistema Público de Pensións

Información
XornalGalicia 14 Mayo 2018 72 Votos Sección ; Localidades de Galicia

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

CCOO e UGT, xunto con outras organizacións sociais, convocan novas CONCENTRACIÓNS para o próximo mércores, día 16 de MAIO, ás 12:00h., diante da Subdelegación do Goberno en Ourense, e na Praza do Concello no Barco de Valdeorras

  • OURENSE: ás 12:00h. concentracion diante da Subdelegación do Goberno
  • BARCO de VALDEORRAS: ás 12:00h. concentracion diante na Praza do Concello

O vindeiro mércores, día 16 de maio, ás 12:00h. CCOO e UGT convocan unha nova mobilización unitaria en defensa do sistema público de pensións, pola derogación na súa totalidade da reforma de 2013 e para denunciar a enganosa revalorización das pensións acordada interesada e partidistamente entre o Goberno Estatal do Partido Popular (PP) co Partido Nacionalista Vasco (PNV) para aprobar os Orzamentos Xerais do Estado.

Os sindicatos UGT e CCOO, xunto con outras organizacións sociais, convocan unha nova mobilización o próximo mércores día 16 de maio ás 12:00h. cunha CONCENTRACIÓN diante da Subdelegación do Goberno e outra na Praza do Concello de O Barco de Valdeorras tamén as 12:00h.

As concesións do Goberno do PP ao PNV e a outros grupos políticos, durante a negociación dos Orzamentos Xerais do Estado, puxo de manifesto que os sindicatos CCOO e UGT tiñamos razón cando dicíamos que había dispoñibilidade orzamentaria para a revalorización das pensións de acordo co incremento do Indice de Precios de Consumo (IPC) e que o problema fundamental era a ausencia de vontade política por parte do Goberno de Mariano Rajoy.

As organizacións convocantes UGT e CCOO, xunto coas demáis organizacións sociais, denuncian que a revalorización acordada é insuficinte porque só garante a súa vixencia para as anualidades de 2018 e 2019 cando, ao mesmo tempo, segue en pé, e en vigor, a reforma unilateral -restrictiva e negativa- do PP, lexislada en 2013 -tanto no que respecta ao Indice de Revalorización de Pensións como no Factor de Sostibilidade-, que supuxo a ruptura unilateral do Pacto de Estado sobre as pensións, motivo polo que, CCOO e UGT xunto con outras moitas organizacións sociais, esiximos que ca reforma unilateral imposta polo PP, debe ser derogada na súa totalidade.

UGT e CCOO, avalados por economistas de recoñecido prestixio profesional, sosteñemos que o sistema público de pensións é viable no futuro mediante un financiamento sostible e suficinte aplicando políticas equitativas de redistribución da riqueza, activando un sistema impositivo progresivo e asegurando condicións de traballo dignas e de calidade en cada centro de traballo.

Para iso, CCOO e UGT, consideramos a necesidade de ter claras algunhas liñas mestras de actuación nas políticas, como son a solidaridade interxeracional e interterritorial, así como a defensa da caixa única de pensións e, por iso facemos un chamamento a cidadanía en xeral e, especialmente á xuventude e aos pensionistas e xubilados da provincia, a que participen masivamente en defensa de un dereito constitucional que nos pertenece a todas e todos por dereito e por xustiza.

Otros articulos relacionados.....