Información
Agenda de Galicia

A EGAP conmemorará o Día das Letras Galegas cun acto literario, unha mostra de arte e unha viaxe cultural

Información
Localidades de Galicia 13 Mayo 2018 893 votos
 
A Escola Galega de Administración Pública unirase á celebración do 17 de maio a véspera cunha conferencia impartida por Fina Casalderrey en relación coa vida e a obra de María Victoria Moreno Márquez. Acompañaraa o músico Emilio Rúa, quen interpretará dúas composicións propias baseadas nos textos da autora protagonista da efeméride.

Este acto literario desenvolverase o 16 de maio ás 12.00 h no salón de actos da Escola, e ao seu remate inaugurarase no mesmo lugar a Mostra de Arte das Letras Galegas, integrada por creacións artísticas de traballadores/as da Administración autonómica. A exposición manterase aberta ata o 15 de xuño.

O propio Día das Letras Galegas terá lugar un percorrido polos escenarios nos que transcorreu boa parte da vida da escritora. Esta viaxe cultural, de 50 prazas dispoñibles, está dirixida especificamente ao persoal empregado público.

Para participar nestas actividades é necesario facer a matrícula telemática na web da EGAP entre mañá e o 13 de maio ás 23.00 h. Unha vez formalizada a inscrición, quen decida apuntarse á viaxe ten que enviar tamén un correo electrónico a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., indicando nome, apelidos e datos de contacto, así como o vínculo de pertenza a calquera das Administracións públicas de Galicia.
 

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 


Otros articulos relacionados.....