Información

Porto do Son, Carnota, Laxe, Oleiros, Ares e Valdoviño acollerán este verán os cursos da campaña de vela

Información
XornalGalicia 09 Mayo 2018 313 Votos Sección ; Localidades de Galicia

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Os concellos de Porto do Son, Carnota, Laxe, Oleiros, Ares e Valdoviño acollerán este ano, entre o 2 de xullo e o 10 de agosto, os cursos da campaña de vela 2018 da Deputación da Coruña. Neles poderán participar rapaces e rapazas entre os 9 e os 18 anos, ambas idades incluídas, pertencentes ao ámbito comarcal de cada un dos concellos que serán sede da actividade.

 

A rapazada interesada en participar nos cursos deben formalizar a inscrición no seu concello, entregando a ficha de inscrición que, a partir de mañá, pode descargarse da páxina web da Deputación da Coruña (www.dacoruna.gal/deportes ), debidamente cuberta e asinada polos pais ou titores dos solicitantes. A cota de inscrición será de 25 euros.

Nos cursos, que terán unha duración dunha semana en quendas de mañá (de 10 a 14 horas) e de tarde (de 16 a 20 horas), realizarase unha iniciación aos principais conceptos teóricos e prácticos da navegación a vela, así como un curso básico da elaboración de nós mariños. A incorporación e regreso ás instalacións náuticas onde se desenvolverán os cursos correrá por conta dos participantes.

As quendas dos cursos e os correspondentes prazos de inscrición, que comezarán o 1 de xuño, son os seguintes:

QUENDAS

CONCELLO

PRAZO INSCRICIÓN NO CONCELLO

1ª quenda: do 2 ao 6 de xullo

PORTO DO SON

Antes do 20 de xuño

2ª quenda: do 9 ao 13 de xullo

CARNOTA

Antes do 27 de xuño

3ª quenda: do 16 ao 20 de xullo

 LAXE

Antes do 4 de xullo

4ª quenda: do 23 ao 27 de xullo

OLEIROS

Antes do 11 de xullo

5ª quenda: do 30 de xullo ao 3 de agosto

ARES

Antes do 18 de xullo

6ª quenda: do 6 ao 10 de agosto

VALDOVIÑO

Antes do 25 de xullo


El Fiscal de Santiago Jorge Fernández de Aránguiz y Caño afirma en un DECRETO que no tiene relevancia penal que un letrado de la Xunta realice desde otra entidad "AUTOCONTRATACIÓN EN LA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA"....+

Con fecha 20 del 7 de 2018 la Fiscalía de Santiago notifica DECRETO sobre las diligencias 23/2018 seguidas por el Fiscal Jorge Fernández de Aranguiz y Caño que resuelve archivar las investigaciones al considerar que según la normativa de la USC no hay materia penal que justifique continuar con el proceso.

En el decreto se recoge acreditado como el Sr Millan Calenti (contrató subvenciones públicas con la Xunta) y Montero Villar ordenaron propuestas de pagos internas para si mismos al CECOOP por trabajos que realizaron ambos que "el Decreto Fiscal afirma son legales". En la documentación sin embargo no constan los datos referentes al IVA u otros tributos del citado pago, ni los fundamentos jurídicos sobre "AUTOCONTRATACIÖN E INCOMPATIBILIDADES DE LA XUNTA DE GALICIA"......(+)


Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi