Información
Agenda de Galicia

María Mendoza e Nate Borrajo presentan o espectáculo ‘Nova’ na Casa do Saber no marco do ciclo Xoves de Moda

Información
Localidades de Galicia 09 Mayo 2018 824 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A pianista e compositora María Mendoza, acompañada da actriz Nate Borrajo, presentará este xoves, a partir das 20.30 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, o espectáculo ‘Nova’, no marco dos ‘Xoves de Moda, un ciclo incluído como complemento do Lubicán 2018, un programa a prol da difusión e posta en valor da arte galega e feita por galegos, promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo.

O espectáculo ‘Nova’ responde á fusión nunha entrega da presentación en directo dos discos Nova e Intro, de María Mendoza. Os dous traballos musicais teñen a peculiaridade de estar divididos en bloques: ‘Contemporánea’, que inclúe temas de inspiración cinematográfica e minimalista;  ‘ Tradicional’, baseado en melodías populares da zona de Avión (Ourense), e ‘Electroacústico’, un apartado no que mestura as sonoridades do piano e do saxo barítono con sintetizadores para recrear unha atmosfera solitaria e espacial.

A actriz Nate Borrajo acompaña neste espectáculo ao público a través dunha viaxe espacial imaxinaria polo universo sonoro creado pola sonoridade e as melodías que interpretará ao vivo a compositora e pianista María Mendoza. A entrada para presenciar este espectáculo é libre e de balde para todo o público, como todas as actividades programadas ao abeiro do convenio Lugo Cultural.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...