Información

A ICC Technium R Encounter ábrelles mañá as súas portas aos primeiros participantes e inaugúrarase oficialmente o venres

Información
XornalGalicia 02 Mayo 2018 707 Votos Sección ; Localidades de Galicia

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
  • A lan party, que se prolongará dende mañá xoves ata o domingo, repartirá 4.000 euros en premios, e conta cun programa cargado de actividades relacionadas coa tecnoloxía e os eSports

  • Este evento sen ánimo de lucro está organizado pola Asociación Sectorial de Estudantes de Enxeñaría Informática (ASEII), e conta co patrocinio da Deputación de Ourense, de R e da Universidade de Vigo

     

O venres 4 de maio inaugúrase a party galega ICC Technium R Encounter, que abrirá as súas portas dende mañá xoves ás 18 horas ata o domingo á mesma hora. Serán 72 horas cheas de actividades nas que tomarán parte medio milleiro de participantes. Este evento sen ánimo de lucro está organizado pola Asociación Sectorial de Estudantes de Enxeñaría Informática (ASEII) e conta co patrocinio da Deputación de Ourense, de R e máis da Universidade de Vigo.

Os participantes no encontro poderán inscribirse en catro grandes torneos de videoxogos, League of Legends, Counter Strike Global Offensive, Hearthstone e Super Smash Bros Brawl, nos que se repartirán 4.000 euros en premios.

Nesta edición, a ICC Technium R Encounter vincúlase coa rede de 'Encounters' de Euskaltel que vén desenvolvéndose en Euskadi dende hai 25 anos, e da que forman parte a Euskal Encounter, a Gipuzkoa Encounter e a Araba Encounter. De feito, convértese no segundo evento galego que une o apelido “Encounter” á súa denominación, despois de que o pasado mes de setembro o fixese a XGN R Encounter, celebrada en Silleda (Pontevedra). Precisamente a incorporación de R, pertencente ao grupo Euskaltel, como patrocinador, permitiu este "irmandamento" entre os afeccionados á informática de ambas as dúas comunidades, que permitirá tamén que se potencie o programa de actividades destes eventos.

Os participantes nesta cita galega poderán gozar dunha velocidade de conexión de 1 xiga, ofrecida pola Universidade de Vigo. Dende R daráselles servizo aos asistentes para que esta conexión sexa o máis eficaz e eficiente posible.

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi