Información

Queremos Galego acusa a Xunta de aplicar o 155 lingüístico e anima a participar nas mobilizacións do 17 de maio

Información
23 Abril 2018 340 Votos Sección ; Localidades de Galicia

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
A manifestación percorrerá as rúas de Santiago de Compostela saíndo ás 12h da Alameda. A plataforma cidadá Queremos Galego, composta por máis de 500 colectivos sociais, anunciou hoxe a convocatoria dunha multitudinaria manifestación para o 17 de maio baixo o lema “En galego día a día”.

 

 

O voceiro da plataforma -da que forma parte a CIG-Ensino-, Marcos Maceira, presentou esta mañá a convocatoria da manifestación do 17 de maio e aproveitou para anunciar que se levarán a cabo diversos actos nas comarcas galegas co obxectivo de informar e de mobilizar a poboación de cara a esta convocatoria. Este ano a manifestación xirará arrredor do lema “En galego día a día”, co que se pretende recoñecer as persoas que empregan a nosa lingua a diario aínda que nalgúns contextos teñan que facer un esforzo inxente para poder usala. Unha situación que Marcos Maceira atribuíu "á aplicación de facto dun artigo 155 lingüístico por parte da propia Xunta de Galiza, a institución que tiña que velar polo cumprimento da lei e por salvagardar o dereito que nos asiste a todos os galegos e galegas a empregar o noso idioma".

Maceira lembrou que “o galego é o único idioma oficial do Estado que diminúe en falantes e que carece de apoio da súa propia administración” á vez que contrastou a situación de protección que si teñen o euskera e o catalán por parte dos seus gobernos.  Neste sentido, indicou que "en Galiza nin se aplica nin se aproba ningunha lexislación a favor do galego, mais si se aplican as máis de 500 disposicións legais que obrigan ao uso do español en diferentes ámbitos”. “Existe unha sociedade que actúa día a día para repor e normalizar a lingua galega, a través de centos de colectivos e entidades e en ámbitos moi diversos” e que estarán representados como todos os anos no acto final da manifestación. Como exemplo dos avances rexistrados por este activismo social citou as compañías de seguros que comezan a cumprir a lei e ofertar pólizas en galego; compañías de telefonía móbil que se viron obrigadas a rectificar anuncios de desaparición das opcións en galego; ou transnacionais que modificaron regulamentos internos que impedían o uso do galego, non porque actúe a administración senón por acción da sociedade. 

Plans que son mera propaganda

Porén por parte da Xunta a única actuación é a propaganda co anuncio dun novo Plan de fomento do galego esta vez dirixido á mocidade. Maceira instou á Secretaría Xeral de Política Lingüísitica e ao presidente Feixó a comezar por eliminar as prohibicións de uso do galego no ensino, onde ten a mesma consideración que unha lingua estranxeira. Neste sentido suliñou que o galego apenas conta co 33% de presenza horaria no ensino obrigatorio fronte ao 75% do que goza o catalán, aínda nestes intres con sentenzas contrarias ao seu fomento. "No caso do ensino infantil, por exemplo, os materiais didácticos editados en galego son inferiores aos existentes en inglés. En xeral, a edición en galego reduciuse moitísimo nos últimos anos, un dato que cómpre destacar precisamente na data de hoxe, en que se conmemora o día do libro", incidiu. 

Á vista desta situación de perda de falantes e de acoso e derribo por parte da administración, Maceira instou á Xunta a aplicar o Plan Xeral de normalización lingüística aprobado por unanimidade polo Parlamento galego e a deixar as accións que son mera propaganda.

Servizo de transporte para acudir á manifestación

A plataforma Queremos Galego confía en que este 17 de maio se ateiguen as rúas de Compostela nunha mobilización multitudinaria en defensa do dereito a vivir na nosa lingua. Na súa web aparecen os horarios e os prezos dos buses que se porán a disposición de todas as persoas que desexen asistir á manifestación, así como información sobre as reunións preparatorias que terán lugar nas distintas comarcas do país. 

 


Mar Sanchez Sierra, asesora personal de Feijóo aparece relacionada con turbios negocios relacionados con fallecidos y incendios forestales que califican ellos mismos de terrorismo incendiario

marsanchezsierra secretariademediosentramdopiramipdal 29 7 2018La asesora personal de Feijóo  monto o financió "una estructura de colaboración estable de fondos públicos con miembros del PP" familiares del brigadista fallecido en Fornelos de Montes que alcanza a un turbio negocio de los incendios forestales en la Xunta de Galicia y Rosa Quintana.

La Secretaria de Medios de la Xunta nombrada por Feijóo, Mar Sanchez Sierra alimenta un "entramado de empresas piramidal" de miembros del PPdeG con fondos públicos de la Xunta de Galicia bajo convenios y adjudicaciones a dedo con Adelaida Dominguez socia y administradora única de varias sociedades de una red de empresas para acceder a contrataciones públicas en la Xunta de Galicia y instituciones donde gobierna el PPdeG. En paralelo los fallecidos en Fornelos de Montes y incendios forestales dejan al descubierto un "negocio de fondos públcios" de inmensas y gigantescas proporciones, donde lo único que cuenta es el dinero público a manos llenas a través de fundaciones, Cetal, Seaga, Fremss, venta de helicópteros, campañas a medios de comuniación de prevención de incendios, manipulación informativa..Brigas Aerotransportadas, etc ....(+).

2. La asesora de Feijoo María del Mar Sanchez financia la venta de ropa laboral y calzado, ropa de policía, cursos de policía, páginas web a gobiernos del PPdeG ...
3. La administradora de varias empresas y convenios con la asesora de Feijóo, Mar Sanchez Sierra solicitó viviendas de protección oficial en varios puntos de Pontevedra. ...
4. Una asesora de Feijóo facturó irregularmente más de 400.000 euros  ... 5. https://www.google.es/search?q=corrupción+informativa+xunta+galicia....(+)

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi