Información

50 anos da volta do cineasta Carlos Velo á súa aldea natal

Información
XornalGalicia 14 Abril 2018 504 Votos Sección ; Localidades de Galicia

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

“Unha captura sentimental da súa aldea, da súa nenez e mocidade, para levar de volta a México a memoria da súa terra”. Así definía en outubro Enrique Acuña a mostra ‘Carlos Velo. A volta a Cartelle. Fotografías 1967’, que se presentaba en Ourense organizada pola Fundación Carlos Velo e que a partir deste martes 17 se poderá visitar na Igrexa da Universidade compostelá.



Nesa presentación cumpríanse 50 anos da volta de Carlos Velo (Pereirós, Cartelle, 1909 – México, 1988) á súa terra, que deixou nun exilio a México obrigado pola Guerra Civil logo dunha vida marcada pola bioloxía e máis adiante polo cine, sempre cun profundo compromiso coa lingua e o país, ao que puido regresar xa con 58 anos.

A exposición confórmana 42 fotografías seleccionadas dun total de medio cento de imaxes realizadas polo propio Carlos Velo na súa aldea natal, Os Pereiros, en 1967, que en opinión de Acuña é “unha das mellores mostras da fotografía galega do século XX".

‘Carlos Velo. A volta a Cartelle. Fotografías 1967’ inaugurarase o martes 17 ás 20.00 horas na Igrexa da Universidade. Poderá visitarse ata o 25 de maio en horario de luns a venres de 17:00  a 20:30 horas.

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi