Información

Lugo dedica o mes de abril á música contemporánea co VI Ciclo MIHL Sons XXI

Información
XornalGalicia 30 Marzo 2018 385 Votos Sección ; Localidades de Galicia

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
Lugo dedica o mes de abril á música contemporánea co VI Ciclo MIHL Sons XXI

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, o coordinador do Ciclo de Música Contemporánea de Lugo, Diego Ventoso, e a profesora e pianista, Dolores García, presentaron este mércores, na sala de usos múltiples do Edificio de Novas Tencoloxías, a sexta edición da programación MIHL Sons XXI, que arrincará o vindeiro martes, 3 de abril.

O ciclo terá lugar todos os martes de abril ás 20:30 horas, así como o xoves 12 de abril. Inclúe concertos, un espectáculo de música e danza, un concerto didáctio para escolares e unha clase maxistral, ben no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), na Casa do Saber, no Vello Cárcere ou no Conservatoiro Profesional de Música Xoán Montes. Todas as actividades son de entrada libre e gratuíta ata completar aforo.

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi