Información
Agenda de Galicia

Máis de 2.000 estudantes de segundo curso da USC son enquisados esta semana no marco do seguimento da investigación dos factores asociados e as consecuencias do consumo intensivo de alcohol

Información
Localidades de Galicia 30 Marzo 2018 1240 votos

Os grupos de investigación en Neurociencia Afectiva e Cognitiva (NECEA) da Facultade de Psicoloxía e de Epidemioloxía e Saúde Pública da Facultade de Medicina comezaron en 2005 un estudo centrado nos factores explicativos e nas consecuencias cognitivas, académicas e sobre o comportamento asociadas ao patrón de consumo intensivo de alcohol (binge drinking).



O estudo comezou co seguimento da Cohorte Compostela 2005, na que participaron máis de 4.500 estudantes e dos que boa parte colaboraron ata en sete ocasións: na aula, nos laboratorios da Facultade de Psicoloxía, por teléfono, por correo electrónico ou no propio hospital. Agora lanzan o seguimento da Cohorte Compostela 2016, dirixida a 2.000 estudantes de segundo curso da USC, que recibirán un correo electrónico para continuar a investigación.

En nome dos dous grupos de investigación, un dos seus responsables, o profesor Caamaño Isorna, quere manifestar o seu “máis fondo agradecemento” a todo o alumnado participante. “Sen a súa colaboración non sería posible facer ciencia”, asegura.

O seguimento destas cohortes ven recibindo financiamento continuado dende o ano 2005 por organismos como o Plan Nacional sobre Drogas, o Fondo de Investigación Sanitaria e o Plan Nacional de I+D.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 


Otros articulos relacionados.....